O PP solicita que Lugo se sume ao convenio que regula a selección dos policías locais a través da Academia Galega de Seguridade

By 11 Xaneiro, 2018Seguridade
Quique Rozas 1

O vicevoceiro popular Enrique Rozas afirma que con esta nova alternativa se facilitarán, a custe cero, as xestións para a cobertura de prazas dos axentes  “axilizando os procesos selectivos e gañando en transparencia a cobertura destas vacantes”

O Grupo Municipal do Partido Popular pide ao goberno socialista que se sume ao convenio tipo para regular os procesos selectivos de auxiliares e policía local a través da Academia Galega de Seguridade Pública. O vicevoceiro popular Enrique Rozas explicou que para convocar as prazas por este novo sistema, ao longo deste ano, o Concello debe comunicar as vacantes que necesita antes do mes de marzo. O vicevoceiro popular manifestou que “urxe a sinatura deste convenio, o antes posible, para poder informar das prazas que precisamos convocar”, puntualizou o popular.

Para o popular “a adhesión a este convenio se podería paliar este problema de falta de persoal que pasou en poucos anos dos 150 aos 119 efectivos” lonxe dos 177 que deberíamos ter segundo a ratio que recomenda a Lei de Coordinación de Policías Locais ee 1,8 axentes por cada 1.000 habitantes. “É preocupante que en Lugo teñamos unha ratio  1,2 axentes por 1.000 habitantes, situación que se podería agravarse no intre en que entre en vigor a nova lei que permite as xubilacións dos axentes antes dos 60 anos” matizou o popular. “Estaríamos falando de que en 2 anos o plantel da policía local de Lugo podería reducirse nun 33% xa que un de cada tres policías deixarían de estar en activo” e engadiu que “a situación é moi preocupante e insostible porque ainda que, arestora, o goberno local decidise convocar prazas a reposición noné inmediata (9 meses formación, examenes, toma de posesión …)

Enrique Rozas recriminou “a incompetencia dos sucesivos gobernos socialistas no tocante a refozar o cadro de persoal da policía local, cada vez máis mermada como consecuencia dunha falta de dirección política”. “Nos últimos anos non houbo previsión de cubrir vacantes e o único que se lles ocurre, na súa defensa, é culpar á lei Montoro cando saben que é un argumento falso porque, dende sempre, se permitiu a taxa de reposición do 100% por xubilación na policía local”.

O decreto que regula este convenio, publicado no DOG do 22.11.2017, recolle que a adhesión será voluntaria e que non supón ningunha contraprestación para o municipio. O obxecto desta cooperación é delegar todas as competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso á categoría da policía local que se determinen no propio convenio; o prazo de vixencia será de catro anos, prorrogable por igual período de tempo.

Os populares tamén lamentan a “desidia dos socialistas á hora de adherirse a este convenio” explicando, según a información da dispoñemos, nin tan sequera acudiron á xornada informativa que se desenvolveu o pasado 9 de xaneiro onde daban conta das vantaxas desta alternativa, das contraprestacións que supoñen para o municipio así como dos prazos previstos para sumarse ao convenio”.

Responder

1 × five =