Tráfico

O PP solicita elementos que den maior seguridade no cruce das rúas Milagrosa, Curros Enríquez e Valle Inclán

By 3 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Enrique Rozas pide ao goberno local a colocación de elementos visuais que axuden a identificar coa antelación suficiente este cruce que, nas últimas datas, está a converterse nun dos “puntos negros” da cidade

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, pide ao goberno local que instale elementos que doten de maior seguridade aos peóns e condutores no cruce das rúas Valle Inclán, Curros Enríquez e Milagrosa. O vicevoceiro popular precisou que neste cruce “estanse a producir” demasiados accidentes nas últimas datas, polo que é preciso reforzar a seguridade para evitar que sucesos así se repitan con tanta frecuencia.

Enrique Rozas afirmou que os veciños e comerciantes do barrio están “preocupados” porque ven como os accidentes se suceden neste cruce. Por iso, o popular pide ao goberno local elementos visuais que avisen coa antelación suficiente aos condutores da cercanía dun paso de peóns, xa que “cando hai néboa ou choiva” os accidentes aumentan neste punto xa que a visibilidade se reduce “considerablemente”.

O vicevoceiro popular precisou que “sería bo dotar a zona” de elementos que axuden a aumentar a visibilidade do cruce que, nas últimas datas, está a converterse “nun dos puntos negros” de Lugo. Neste senso, Rozas pide que non só se coloquen sinais verticais como xa se fixo noutros puntos da cidade, senón que tamén sería unha boa opción a colocación de elementos visuais no chan para aumentar a visibilidade e a seguridade dos peóns ao cruzar a rúa.

Precisamente, as malas condicións climatolóxicas contribuíron a que a semana pasada, nunha mesma tarde, se produciran dous atropelos na contorna dese cruce e, días máis tarde, houbo unha colisión con varios vehículos implicados no sinistro.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies