O PP solicita a creación de 2 novas plazas para persoas con discapacidade e pide unha campaña de concienciación para evitar fraudes

By 16 Novembro, 2017 Accesibilidad, Tráfico

A concelleira popular Mari Teijeiro afirma que nas 173 prazas que hai no Concello é moi frecuente que “nunha alta porcentaxe delas as usen persoas que non teñen dereito a aparcar nestes espazos reservados”

O Grupo Popular afirma que a pouca concienciación da cidadanía, xunto coa ausencia dun control permanente para que non se ocupen con vehículos non autorizados, así como a dificultade para identificar o uso fraudulento das tarxetas, provocan a diario problemas ás persoas con mobilidade reducida que necesiten aparcar nas plazas azuis que hai no casco urbano. “Se ben as 173 prazas que hai son suficientes non é menos certo que, o feito de que estas estén ocupadas, en moitas ocasións, por persoas que non cumpren os requisitos para o seu uso reduce as posibilidades de aparcamento para as persoas que realmente necesitan estes espazos”.

Co ánimo de revertir esta situación a concelleira popular Mari Teijeiro presentou varias propostas a Comisión entre as que destaca a creación de novas prazas unha delas en Adolfo Suárez, á altura do número 4, onde está o Centro de ADACE puntualizando que “se podería estudar a posibilidade de reubicar os colectores que hai noutro punto desta vía  habilitando así outra praza contigua á que xa existe”. Neste caso, polas características dos usuarios das 20 familias que acuden a diario a este Centro, se pide que se sinalice unha restricción horaria para uso exclusivo destes usuarios que coincidiría cos horarios de entrada e saída ás terapias que se imparten nesta entidade.

Outro punto no que se podería estudar habilitar unha reserva de praza para persoas con mobilidade reducida é o entorno dos xulgados onde na actualidade dous espazos reservados pero que segundo se especifica no sinal son  para  “persoal de audiencia ou de xulgado”. Teijeiro preguntará en Comisión sobre o uso destes espazos “queremos saber se os pode utilizar calquera usuario que precise acudir a estes organismos xa que tal e como están sinalizados xeneran confusión”.

A popular tamén solicita que se revise e mellore  a sinalización dos reservados para este colectivo xa que a cor azul que as identifica, nalgúns deles, está xa borrada e pode dar lugar a confusións”.

Por último, dende o Grupo Popular, insta ao goberno local a que poña en marcha, en colaboración coas entidades sociais, unha campaña para concienciar do uso responsable das tarxetas. “Non se trata de facer actuacións propagandísticas como o aparca con xeito de Lara Méndez, é algo moito máis didáctico e no que se debe implicar a toda á cidadanía”.

Responder

2 × 5 =