Zona rural

O PP reclama un inventario actualizado de camiños rurais e unha ordenanza que regule o seu uso para a saca de madeira

By 19 Outubro, 2017Sin comentarios

O edil do PP Manuel López afirma que, con este inventario, evitariamos problemas de titulariedade e, por outra banda, se obrigaría ao concello a conservar a rede viaria que en moitos tramos, polo abandono e falta de mantemento, desapareceron trala maleza

O Grupo Popular solicita ao goberno local a creación dun inventario actualizado  dos camiños rurais do municipio de  Lugo así como a elaboración dunha ordenanza municipal para protección e conservación destas vías en relación coas operacións de saca de madeira.

O concelleiro do PP Manuel López afirma que o inventariado destes camiños, que comunican pequenos núcleos ou fincas e que serven para fins agrogandeiros e forestais ou que ofrecen un interese turístico ou histórico, é unha das prioridades do rural. Este documento proporcionaría unha seguridade xurídica ao concello e aos veciños “primeiro, porque clarificaría a titulariedade dos camiños, identificando os que son públicos e os que son privados ou servidumes de paso e, segundo, porque evitaría a súa desaparición”.

Neste momento, a rede de camiños de Lugo presenta un estado de abandono importante xa que os socialistas levan anos sen desbrozarlos polo que “nalgúns casos e só grazas á memoria dos maiores conseguimos situalos no mapa”.

O concelleiro popular Manuel López asegura que “a maiores dos tramos das pistas da rede viaria das parroquias lucenses que desapareceron ocultas pola maleza, hai outros casos nos que estas vías non poden percorrerse por obstáculos ou usurpacións de fincas colindantes” de aí a importancia de ter as pistas inventariadas. Os populares conscientes de que se trata dun traballo “complexo e laborioso” suxiren que se faga en varias anualidades apuntando que, neste momento, o Concello dispón dun catálogo moi básico que serviría de guía inicial.

Este inventario de pistas municipais obrigaría ao goberno local a facer un mantemento periodico dos camiños da súa titulariedade recriminando aos socialistas “o abandono destas vías, provocando que moitas delas estén intransitables xa que o Concello deixa, de forma sistemática cada ano, sen limpar o 25% dos 1.100 quilómetros” indicou López. O concelleiro popular explicou que o goberno local so dá cobertura anual a 700 quilómetros co que é normal a imaxe de abandono que presentan”.

Con respecto á redacción dunha ordenanza municipal para a protección da rede de pistas do rural Manuel López explicou que “coa vista posta no futuro, e tendo en conta o incremento da actividade forestal sería convinte que o Concello de Lugo contase cunha normativa en relación coa saca de madeira”. “Na provincia de Lugo hai xa varios concellos que dispoñen desta ordenanza como son Friol, Meira, O Páramo e Abadín entre outros” puntualizando que, entre outros aspectos, se obriga ao madeireiro “á recuperar,  limpar e retirar os residuos da corta da madeira de xeito de que as pistas, camiños ou espazos públicos queden en todo momento no mesmo estado de limpeza e conservación que tiñan antes de levarse a cabo as operacións de corta e saca de madeira”. Outro punto que se contempla é o depósito dunha fianza en función do tipo de vía que se utilice, as toneladas de madeira que se transporten, época do ano, lonxitude de pista e maquinaria empregada”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies