O PP reclama a consolidación da ladeira que asegura o mirador e os límites do Parque Marcos Cela

By 14 Agosto, 2018 Medio Ambiente, Obras

O voceiro do Grupo Popular amosou a súa preocupación pola posibilidade de novos desprendementos de terra no Parque Marcos Cela e pola estabilidade tanto do mirador como dos taludes  sobre a N-VI e a Volta da Viña na rúa Santiago co “risco que isto podería supor tanto para os usuarios deste paso como para os conductores que circulan por esta zona”.

Antonio Ameijide explicou que dende que en marzo se rexistraron os últimos corrementos de terra “con rocas de importante tamaño que caeron na escaleira á altura de Volta da Viña” o único que fixo o goberno de Lara Méndez foi colocar dúas vallas provisionais na parte superior do mirador “que están abertas de par en par, sen ningún tipo de información que advirta dos riscos de pasar por riba” e tamén criticou que “os socialistas nin tan sequera fosen capaces de retirar a terra e pedras que provocou este corremento de terra rexistrado o pasado 19 de marzo”.

Ameijide considera que os últimos desprendementos son un indicador que alertan da necesidad de acometer os traballos de consolidación e drenaxe da ladeira que asegura o mirador e esta zona verde “é unha mágoa que non se aproveite o verán para acometer estes traballos xa que é cando, por metereoloxía, é a mellor época para realizar obras deste tipo e para prevenir , que se reproduzcan novos corrementos de terra, de cara a nova temporada de chuvias”.

O voceiro do PP explicou que as escaleiras da Volta da Viña “nunca foron seguras xa que rematan en plena calzada dunha das principais entradas á cidade” lembrando que o PP ,en 2015, propuxo unha iniciativa para acondicionar un paso seguro e accesible “coa construción dunha beirarrúa, que comunicase estas escaleiras coas vivendas que están xunto ao balneario”. Para o voceiro popular con esta intervención se daría continuidade e unha comunicación directa para potenciar o río xa que tal e como está na actualidade supón un perigo para os lucenses que siguen utilizando este paso ainda que teóricamente está pechado.

Por último, Ameijide acusou a Méndez de ser  incapaz “non só de cumprir cos proxectos faraónicos como o millón de euros das dúas columnas dóricas da pasarela á altura do Anxo Carro, onde xa hai un paso soterrado” senón que tampouco é capaz de manter o que xa ten “falamos do parque Marcos Cela que nalgún punto se desmorona así como a estabilidade e a seguridade do mirador e as escaleiras”.

Responder

7 + 5 =