O PP quere saber a que se debe o ocultismo e a lentitude do goberno local no que se refire á ordenanza de convivencia

By 6 Setembro, 2017Seguridade
Quique Rozas Praza Abastos

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP, Enrique Rozas, amosou a súa sorpresa pola demora no acceso ao borrador da ordenanza de convivencia, xa que “estamos lexitimados legalmente” para poder estudar o seu contido

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, denunciou hoxe que o goberno local “aínda non respostou” á solicitude formulada polo Grupo Municipal do PP para ter acceso a unha copia do borrador da ordenanza de convivencia, solicitude que “realizamos o pasado 21 de xullo, dous días despois de que a alcaldesa anunciase nunha rolda de prensa esta ordenanza para regular materias fundamentales para a convivencia na cidade ”

Enrique Rozas explicou que “non comprendemos” por que o goberno local non quere “darnos acceso ao borrador desa ordenanza, xa que estamos lexitimados para poder estudar o seu contido”. Nesta idea incidíu o vicevoceiro municipal popular xa que “non entendo o ocultismo e a lentitude” do goberno local no referente a esta ordenanza á hora de darlle traslado da mesma aos diferentes grupos da corporación municipal.

O popular recordou a importancia desta normativa municipal, moi demandada por moitos veciños. Ademais Rozas recordou que a alcaldesa dixo durante a rolda de prensa na que anunciou esta ordenanza que nela se regulan materias como o servizo de aparcacoches, máis coñecido coma gorrillas e que afecta a diario a moitos lucenses na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti, pintadas, actos contra o patrimonio ou a venda ambulante encuberta. Por iso mesmo, Enrique Rozas lamentou que “xa son demasiados anos agardando por unha normativa municipal para regular este tipo de actividades, polo que se xa a teñen rematada o máis normal será consensuala e dala a coñecer para que entre en vigor o máis axiña posible”.

Esta situación de atranco non é nova para os populares, xa que neste caso, ao igual que con outras solicitudes e preguntas formuladas ao equipo de goberno, a ausencia dunha resposta é a contestación máis empregada polos socialistas. “Case sempre que o Partido Popular realiza unha pregunta ao equipo de goberno a ausencia de contestación é a saída máis habitual. Así é moi complicado realizar o noso traballo de oposición, pero dende o Partido Popular seguiremos a fiscalizar todo o que fai o equipo de goberno para controlar a súa actividade”.

Responder

6 + twenty =