Economía

O PP quere saber a que se debe o aumento “esaxerado” nos gastos xurídicos do Concello de Lugo

By 31 Xullo, 2017Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP, Antonio Ameijide, amosou a súa preocupación xa que “dende o ano 2010 os gastos xurídicos do Concello foron en aumento e superan os 4 millóns e medio de euros”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pregunta ao goberno local “a que se debe que os gastos xurídicos do Concello de Lugo aumenten ano a ano e, no último exercizo, se aumentara esa partida en case dous millóns de euros”. Dende o Grupo Municipal do Partido Popular realizouse un seguimento da partida adicada aos gastos xurídicos do Concello de Lugo nos orzamentos dos últimos anos e, despois de ver “fluctuacións que poderían ser normais de ano a ano” Antonio Ameijide amosa a súa preocupación “ao ver que no ano 2015 a partida tiña un orzamento inferior aos 800.000 euros e, no 2016, supera os 2.600.000 euros. Un aumento esaxerado. Polo que preguntaremos a canto ascende a contía adicada neste eido no ano 2017”.

O voceiro municipal popular destacou que “no que vai de ano o Concello xa foi condenado a pagar as custas xudiciais de, polo menos, 12 contenciosos, o que se traduce en que so as custas xudicias ás que foi condenado o Concello ascenden a 15.584,94€, máis as correspondentes cantidades ás que é condenado o Concello en cada sentenza”.

Así mesmo, Antonio Ameijide destacou que “dende o ano 2010 o Concello adicou máis de 4 millóns e medio de euros a este fin, un dato cando menos chamativo, e que pon en evidencia os numerosos contenciosos que ten abertos o equipo de goberno pola súa xestión”.

Ademais, o voceiro popular pregunta ao goberno local “a canto ascende a previsión de gasto desta partida para este ano, xa que hai que recordar que os orzamentos non foron aprobados aínda, polo que se descoñece a contía adicada a este fin”.

Tres exemplos da deficiente xestión do goberno local son as sentenzas perdidas no referente ao IVE da recollida do lixo, que podería ser semellante ao problema que ten agora o goberno co transporte; ao pub das torres do seminario e unha sentenza e unha sentenza perdida contra a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta.

No pleno de onte, o Grupo Municipal do Partido Popular acadou que a ordenanza fiscal 152, reguladora das taxas por aproveitamentos especiais da vía pública, quedara enrriba da mesa para o seu estudo. Dende o Grupo Municipal do Partido Popular xa se solicitou a convocatoria da mesa de traballo de Ordenanzas Fiscais, co obxectivo de proceder a súa actualización a través do consenso dos diferentes grupos municipais.

Neste senso, Antonio Ameijide destacou que “de novo se demostra a debilidade da alcaldesa e do seu equipo de goberno e que grazas ao traballo e a iniciativa do Grupo Municipal do Partido Popular se evita que aparezan novas sentenzas contra o Concello de Lugo e así que non aumente a partida adicada a gastos xurídicos cada ano”.

 

GASTOS XURÍDICOS
2010 450.000€
2011 90.000€
2012 281.000€
2013 184.140€
2014 140.000€
2015 761.500€
2016 2.639.705,34€
TOTAL 4.546.345.34€

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies