O PP quere que Méndez se pronuncie en pleno sobre “si está do lado dos que cumpren a lei ou do lado dos gorrillas, okupas ou incívicos”

By 11 Outubro, 2018 Policia, Seguridade, Transparencia

O voceiro popular Antonio Ameijide pídelle a alcaldesa “que deixe de ser o títere dos nacionalistas e sexa valiente para dotar de armas normativas á policía local para erradicar diferentes prácticas como o vandalismo, os danos ao patrimonio, a venta ilegal na rúa …”

O Grupo Municipal do Partido Popular presentará unha proposición no vindeiro pleno para que a alcaldesa se pronuncie sobre “si está do lado dos que cumpren a lei, ou ben si está do lado dos gorrillas, okupas ou incívicos”.

O voceiro popular Antonio Ameijide censurou o cambio de opinión da alcaldesa de Lugo que vén de  declarar que dá marcha atrás na elaboración dunha ordenanza que ofrece armas normativas á policía local para erradicar certas prácticas como son a prostitución na rúa, as extorsións dos gorrillas, o botellón ou os atentados contra o patrimonio”.

O voceiro popular explicou que “fronte aos bandazos e intentos frustrados que protagonizou o PSOE á hora de impulsar esta ordenanza cívica o PP, dende o minuto un,  tivo moi clara a necesidade desta normativa”. Ameijide lembrou como, no ano 2016 conseguiu que se aprobase cos votos do PSOE (abstivéronse Cidadáns e voto en contra de BNG, Lugonovo e ACE EU) unha proposición de pleno relativa á creación dun plan específico e unha ordenanza para combater o problema dos gorrillas.

Á vista da renuncia de Méndez de elaborar esta ordenanza os populares lamentan a súa debilidade de Méndez “estamos diante dunha alcaldesa secuestrada pola esquerda radical e os nacionalistas”. O voceiro  popular manifestou que este cambio de opinión responde a que “Lugo ten  unha alcaldesa títere de dous de 25 concelleiros” acusándoa de que “prefira manterse á marxe para non molestar a algúns en vez de preocuparse e buscar solucións aos  problemas reais da cidade e dunha maioría social”.

Os populares afirman que a retirada desta ordenanza é unha traizón aos moitos colectivos que demandaban contar cunha normativa para combater os comportamentos incívicos no noso municipio e nese senso avanzou que manterá reunións coa federación de comercio, asociacións veciñais e outros colectivos que manifestaron o seu apoio a esta ordenanza.

Responder

eleven − 1 =