Urbanismo

O PP propón unha mesa de traballo para impulsar as accións das administracións implicadas na recuperación da Tinería

By 11 Setembro, 2017Setembro 12th, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide afirma que para que a posta en valor  do recinto histórico sexa real “debe existir unha coordinación máis sólida” instando ao goberno local a “deixar a súa política de victimismo e cooperar de forma real e con feitos na rehabilitación do barrio”

O voceiro popular Antonio Ameijide anunciou que o seu grupo proporá a creación dunha comisión de seguimento para chequear as accións que se programen, dende distintas administracións, co obxeto de recuperar o casco histórico de Lugo e máis en concreto a zona da tinería.

“A revalorización deste espazo debe ser un dos eixos centrais da reactivación económica de Lugo” matizou o popular quen indicou que “esta comsión debe abrirse a todos os especialistas e colectivos implicados na súa reactivación”.

Antonio Ameijide lembrou que existe unha proposición de pleno para desenvolver un Plan de dinamización para o barrio e que “foi aprobada, malia contar co voto en contra dos socialistas, o pasado mes de xullo”. O voceiro popular insistiu en que “é necesario un acordo unánime de todos os grupos políticos para organizar os compromisos das diferentes administracións e entidades co obxecto de que sexa un programa cohesionado e que se calendaricen as diferentes actuacións, a medio e longo prazo, comprometendo aos distintos actores implicados”.

A xuizo dos populares “o goberno socialista, nos últimos anos, non estivo á altura á hora de apostar pola recuperación da Tinería preferindo  utilizar a situación de abandono do barrio como arma arroxadiza contra outras administracións”. Nos últimos 18 anos os socialistas “nin incentivaron a rehabilitación, nin a creación de negocios na zona, e tampouco foron quen de levar a cabo unha política de rexeneración social axeitada e nin tan sequera foron capaz de realizar un mantemento adecuado do aseo urbano da zona” reflexiouno o voceiro popular. Para Ameijide a proba que corrobora que “en vez de preocuparse polo barrio buscan utilizalo como disculpa para a confrontación é o rexeitamento do PSOE á proposición que o PP levou ao pleno en xullo para poñer en marcha un Plan de Dinamización do barrio”.

A estas dúas iniciativas que presentou o Partido Popular hai que sumar tamén a petición para que o goberno local elabore un Manual Práctico que poña en valor o casco histórico profundizando en tres liñas: “establecer criterios de deseño urbano; elaborar un catálogo de mobiliario e materiais admisibles e, por último, un estudo de cor en fachadas que sirva de base para a Ordenanza de Cor”.

Antonio Ameijide reflexionou sobre a idea de que “se aspiramos a que o recinto amurallado sexa declarado Patrimonio da Humanidade hai que mellorar a estética, a seguridade, a habitabilidade e a funcionalidade dos espazos públicos hai que tender cara a un modelo que embelezca e poña en valor o noso patrimonio evitando actuacións que distorsionen a paisaxe urbana”.

O popular aproveitou esta comparecencia para lembrar o compromiso da Xunta de Galicia na recuperación do barrio indicando como nos últimos meses se intensificaron as iniciativas e investimentos para a súa posta en valor. Ameijide lembrou como recentemente saíu a licitación a obra de Tinería, 15 para un total de 5 vivendas, por un importe de 815.270€, unha actuación que non se limita a rehabilitar o edificio actual, senón tamén a amplialo e urbanizar o espazo contiguo. Por certo neste espazo a Xunta licitou a rehabilitación a un prezo por metro cadrado inferior nun 50% ás licitadas pola consellería de vivenda durante o bipartito. Daquela chegou a pagarse 1.969,17 euros por metro cadrado construído, mentres que hoxe se licita a un prezo de 997,76 euros por metro cadrado construído, aínda que o prezo que finalmente se pague será inferior a dita contía polas baixas que ofrezan as empresas que concorran á licitación

Está previsto igualmente a rehabilitación dos edificios Tinería, 30, Recanto do Miño, 11-13 e Recanto do Miño, 17 para un total de 4 vivendas.  Os proxectos atópanse en fase de licitación e pendentes dous deles da obtención da licenza municipal.

En relación ao PERI da Unidade de Intervención número 8 atópase aprobado o documento urbanístico e redactado o proxecto básico para 11 novas vivendas e 5 locais. Este espazo é o contiguo ao Pazo de Doña Urraca. Respecto deste edificio, está pendente de concretar o seu futuro uso, ben polo concello ou por outro organismo, xa que non se pode destinar a vivendas.

Polo que respecta á Unidade de Intervención 7, tras o hospital dos Ollos Grandes, estase a tramitar o documento urbanístico que se presentará no Concello pois foi necesario a súa readaptación á actual Lei do Solo. IGVS ten un aproveitamento aproximado nesta unidade de intervención, de 30 vivendas e 6 locais comerciais, que pode variar tras os estudos arqueolóxicos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies