Transparencia

O PP propón medidas para reducir o déficit de transparencia no Concello de Lugo

By 18 Outubro, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide lamenta “a constante falta de claridade dos socialistas nos procesos de contratacións, os reiterados incumprimentos dos acordos de pleno; o feito de apartar aos grupos políticos das mesas de contratación e xuntas de goberno” aclarando “que todo contribúe ao detrimento do bo funcionamento da administración”

O Grupo Popular denuncia o oscurantismo do equipo de goberno local que negou o acceso ao calendario anual que elaborou o servizo de contratación e no que se especifica a data de finalización dos contratos ou das súas posibles prórrogas. Os populares solicitaron, con data de 18 de setembro de 2017, unha copia do devandito calendario, recibindo o 28 de setembro a instancia da Concelleira Delegada da Área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económica resposta negativa da solicitude. O voceiro popular acusa aos socialistas de incumprir os principios de Bo Goberno establecidos na Lei 19/2013 de 19 de decembro, de transparencia, acceso de  información pública e bo goberno lamentando “a opacidade da que fan gala de forma reiterada no tocante á externalización dos servizos”.

 Antonio Ameijide preguntase cales son os motivos polos que os socialistas negan o acceso a este calendario e lembrou outras actuacións “cuestionables polo seu oscurantismo como son o feito de apartar aos Grupos Municipais das mesas de contratacións e das xuntas de compras así como os reiterados incumprimentos plenarios sobre esta materia” en relación á situación irregular dos servizos que se están prestando por empresas sen contrato. “Ao explusarnos das mesas coartan o acceso á información” matizou.

 Os populares aclaran que “en todo este proceso os Grupos da oposición xogan un papel importante debido o labor de control e fiscalización que exercen sobre o equipo de goberno co fin precisamente de preservar a devandita transparencia”.

Nese senso dende o Grupo Popular presentan unha proposición de pleno solicitando que se remita de forma inmediata a todos os Grupos unha copia do calendario anual elaborado polo Servizo de Contratación, no que se recolle a data de finalización dos contratos e das súas prórrogas. Tamén reclaman que se dé cumprimento ao acordo plenario adoptado o 29 de outubro de 2015, relativo á licitación de todos os servizos que actualmente se están a prestar por empresas sen contrato no Concello. Neste acordo tamén se puntualizaba que se debían iniciar os expedientes de remunicipalización dos servizos que puidesen acollerse a esta fórmula e por último reiterar que os grupos políticos que constitúen a corporación formen parte das mesas de contratación con voz e sen voto.

Os populares conclúen que “hai un déficit importante de transparencia en numerosos eidos” lembrando como tamén “se incumpre a a Lei de transparencia no tocante a publicación de datos na páxina web: non publicitan mensualmente os datos referidos ao pago medio a proveedores dende xuño de 2016; tampouco hai datos das contas xerais do ano pasado, nin información de contratos dende o 2015”.

O voceiro popular asegura que esta denuncia non só a puxo sobre a mesa o Partido Popular matizando que “no último informe de transparencia municipal, que realiza Transparency International e que se deu a coñecer o pasado mes de xullo, se advirte que o Concello de Lugo descendeu 10 postos en tres anos e perdeu máis de medio punto”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies