Economía

O PP propón implantar un Modelo de Xestión de Calidade Total (CT) para solucionar o caos do Concello de Lugo

By 12 Decembro, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide xustifica que se deseñen accións, que abarquen todos os servizos, co obxeto de mellorar a calidade das prestacións xa que estamos falando “dun Concello con máis de 600 traballadores, polo tanto,  estamos falando dunha das principais empresas que ten a cidade”

O Partido Popular afirma que urxe implantar no Concello de Lugo  un Modelo de Xestión de calidade Total. O voceiro popular Antonio Ameijide explicou que o seu Grupo presenta, neste momento, esta iniciativa co obxecto de “poñer coto ao caos que vive a administración local e co ánimo de recuperar a reputación, credibilidade e imaxe do Concello de Lugo e que, unha vez superado o ecuador do mandato de Lara Méndez, é o momento de pasar á acción”. Ameijide suxire que se marque un prazo fixo para cada trámite e no caso de incumprimento que se resarza aos cidadáns polos danos ocasionados. Ese é un dos obxetivos da nova forma de xestión pública que queremos para Lugo “se un veciño ten que abonar un recargo porque paga fóra de prazo un recibo parece lóxico que o Concello debe dar exemplo e actuar da mesma forma cando a responsabilidade está nas súas mans” reflexionou.

“Non é unha proposta para quedar ben, é un método de traballo que busca a excelencia” explicando que “estamos falando dun Concello con máis de 600 traballadores, polo tanto,  estamos falando dunha das principais empresas que ten a cidade e á que, lamentablemente pola incapacidade do goberno local, quédalle moito por mellorar en prestación de servizos” matizou o popular.

“O que queremos é establecer uns indicadores de calidade, medir o cumprimento dos obxetivos e a medida dos recursos utilizados” puntualizando que o obxectivo final deste modelo coñecido como EFQM é “a procura da excelencia na administración local que se traduce nunha mellora permanente e nunha innovación continúa  froito dunha planificación”. “Aquí non vale a política de parches e os bandazos da alcaldesa” asegurou Ameijide.

 

Para implantar este modelo hai que seguir unha serie de fases que son:

Fase 1. Plantexamento inicial e compromiso da dirección

Fase 2. Comunicación interna da iniciativa e concienciación da súa necesidade

Fase 3. Definición de responsabilidades /formación personas implicadas/

Fase 4. Diagnóstico da organización, avaliación do problema

Fase 5. Definición do sistema de xestión da calidade a implantar; solucións

Fase 6. Implantación do sistema de xestión de calidade;

Fase 7. Auditorías, seguimento e proceso de mellora continua.

 

Entre as materias a controlar estarían os expedientes de investimentos ou os de xestión das concesionarias dos servizos, as operacións económicas e orzamentarias, realizar auditorías en materia de protección de datos tanto de carácter interno como externo de ficheiros de protección media e alta, elaborar cartas de compromiso dos distintos servizos, control e seguimento da implantación da administración electrónica, melloras eficiencia enerxética nos edificios municipais.

No tocante á xestión das persoas tamén se  na identificación de competencias buscando os perfis axeitados para cada posto así como a avaliación do desempeño que ten como obxeto de medir o logro de resultados e a conducta profesional

“Cunha visión global e cun chequeo pormenorizado que diagnostique a situación real do Concello poderemos dar a volta á situación” matizando que “é necesario auditar o funcionamento e o día a día do Concello para resolver os problemas de desorganización que sufre”.

O popular manifestou “que debería ser persoal externo o que analice, cunha perspectiva máis imparcial, a situación do concello xa que, neste momento facer unha operación de maquillaxe superficial non é suficiente para sacar ao Concello de Lugo da parálise e ineficacia na que está sumido por unha falta de dirección política”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies