Urbanismo

O PP propón crear tres novos parque infantís en Fontiñas, Soto Freire e traseira do Cuartel de San Fernando

By 16 Xullo, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide propón crear tres novas zonas de xogo infantil en plazas de distintos barrios de Lugo. “A proposta que presentamos ten por obxecto humanizar e mellorar o espazo público para enriquecer a trama urbana da nosa cidade”.

O popular suxire “que se acondicione unha primeira zona recreativa  na explanada  de 1.600 m2 que hai na Ronda de Fontiñas entre o Carril das Flores e o de Caiñós”.

Ameijide explicou que “a  única oferta de parques que hai para Fontiñas son o dos Paxariños, que está completamente abandonado polos socialistas, e unha zona mínima ao pé do Centro Maruja Mallo que é insuficiente para dar servizo aos veciños do barrio”. Como complemento a esta intervención indicou que “se debería completar coa montaxe dun parque biosaudable para adultos nesta localización xa que hai a media de idade de Fontiñas acredita que hai moita poboación que se podería beneficiar dunha instalación destas características”.

Outra praza na que se podería facer unha intervención global é na de Soto Freire “estamos falando de 2.200 m2 de explanada nunha zona que está medrando e que dende o Grupo Popular pensamos que podería ser unha localización excelente para un segundo parque infantil  e zona biosaudable”.

O terceiro parque infantil que se propón dende o Partido Popular ocuparía a zona que o Concello xa está arranxando na parte traseira do Cuartel de San Fernando logo de demoler as antigas caballerizas, almacéns e lavandería “trátase dun espazo duns 900 m2 ubicados na rúa Quiroga Ballesteros entre as rúas Amor Meilán e San Froilán”. Antonio Ameijide explicou este novo espazo público dinamizaría a actividade socieconómica desta zona xa que é un punto estratéxico por estar situado próximo a zonas peonís e cun colexio no entorno. Os populares afirman que daría servizo ao casco histórico na que só hai dous parques infantís que habitualmente están saturados (Campo Castelo e Cantiño).

“Con estas intervencións faríamos de Lugo unha cidade máis amable mellorando a calidade de vida dos veciños” concluíu o popular.

O popular aproveita esta iniciativa para lembrar outra vella demanda do seu grupo instando a que se cubra o parque infantil de Augas Férreas e tamén reclamou “a revisión do estado de pavimento e dos xogos así como a necesidade de complementar con novos elementos aos diferentes parques do municipio de cara a renovar e manter en bo estado estas zonas recreativas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies