Cultura

O PP propón conveniar coa Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón un concurso de ideas para embellecer o mobiliario urbano

By 20 Novembro, 2017Sin comentarios

A concelleira popular afirma que en Lugo hai “talento suficiente para deseñar un catálogo propio de mobiliario urbano e, dese xeito, evitaríamos “os parches das actuaciones en espacios públicos onde se elixe o modelo das pezas a criterio do concelleiro de turno”

A concelleira do Grupo Popular Encarna Amigo presentou unha iniciativa a pleno para que o Concello de Lugo lidere un proxecto de arte na rúa no que conte coa participación da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón así como  cos diferentes profesionais do deseño interesados para confeccionar un catálogo propio de mobiliario urbano.

A popular afirma que “a cultura das cidades maniféstase na forma  de embellecer o espazo público” e, nese senso, salientou a súa preocupación polos criterios arbitrarios cos que o goberno local selecciona o mobiliario urbano en Lugo. Para evitar “que sexa o concelleiro de turno o que elixa o look do mobiliario urbano” propón que se impulse un convenio coa Escola de Arte Ramón Falcón que contemple entre outras cuestións promover un concurso de ideas “cada ano podemos centrarnos nunha peza concreta, ou focalizar os esforzos no mobiliario dunha espazo concreto para adaptar o seu deseño ao entorno no que se ubique”.

A segunda parte deste convenio se orientaría en ofertar aos artistas lucenses determinados elementos urbanos para plasmar a súa obra. Estamos falando de unidades, como por exemplo, as caixas de luz e de tráfico que hai espalladas por toda a cidade e que son “soporte de anuncios e pintadas”. Hai que revertir esta situación “temos en Lugo persoas con moito talento que poden cambiar a percepción do espazo”. Amigo explicaba que no caso dos armarios de instalacións eléctricas atopamos en Lugo unidades pegadas á muralla que supoñen un atentado contra este Patrimonio Mundial.

Dende o Partido Popular propoñemos, de entrada, traballar sobre estes elementos. Para empezar o programa hai que perfilar o número de unidades sobre as que actuar, definir como se seleccionan os artistas, se é temática libre ou queremos que os deseños garden unha cohesión e xestionar dende a propia institución municipal os permisos necesarios para que sexan soporte das obras. Todos estes aspectos se poderían definir nas diferentes cláusulas do convenio coa Escola de Artes Ramón Falcón, a popular explicou que se podería fixar un premio para o deseño gañador co obxecto de que sexa máis atractivo participar neste proxecto de arte na rúa. A concelleira deixa aberta esta proposta a que se abra, dependendo do proxecto, a outros profesionais do deseño e artistas.

Amigo explica que o Concello tería que crear ao abeiro deste convenio unha comisión de seguimento que sería a encargada de planificar actuacións e avaliar os proxectos que se concretasen froito desta colaboración.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies