Transparencia

O PP pide unha Comisión de Investigación para esixir responsabilidades polo hackeo dos ordenadores no Concello de Lugo

By 22 Setembro, 2017Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal Antonio Ameijide acompañado polo vicevoceiro Enrique Rozas acusaron aos socialistas “de vulnerar o dereito á intimidade e o secreto de comunicacións” logo de destaparse que accederon ,sen permiso, aos ordenadores das distinas oficinas dos Grupos Municipais

O Grupo Municipal do Partido Popular non se da por satisfecho coas explicacións da alcaldesa tras destaparse que “se espiou a actividade dos ordenadores das oficinas dos grupos políticos do Concello de Lugo”. O voceiro popular Antonio Ameijide acusou á Lara Méndez de permitir que se vulnere o dereito á intimidade e o dereito do secreto ás comunicacións. “Señora Méndez, non estamos nun estado de excepción ou de sitio vostedes accederon sen permiso aos equipos informáticos” afirmou de forma taxante o voceiro popular que cualificou “o hackeo aos ordenadores de gravísmo atentado á intimidade e á privacidade así como un ataque á pluralismo político”

O voceiro popular considera que para garantir a confidencialidade do traballo que realizan os diferentes grupos políticos hai que esclarecer os feitos e, nese senso, anunciou que o seu Grupo pedirá que se abra unha Comisión de Investigación preguntándose “tras este incidente, quen nos asegura que non nos van volver a entrar, sen permiso nos equipos?, estamos totalmente desprotexidos”. “Con esta iniciativa pretendemos que esta situación nunca se volva a repetir” explicou o popular.

O Grupo Popular estuda a posibilidade de levar este caso de hackeo dos ordenadores no Concello de Lugo ao Valedor do Pobo. Ameijide considera “un abuso, por parte do goberno socialista, o uso da administración local como o seu cortijo” lamentando que “a alcaldesa esté máis preocupada de espiar á oposición que de gobernar e solucionar os problemas dos lucenses”.

O voceiro popular afirma que este ataque ao labor da oposición súmase a outros episodios “pouco éticos” protagonizados, nos dous últimos anos, polo equipo de goberno que preside a alcaldesa. “O uso partidista da páxina web, a prohibición de que os grupos da oposición asistamos ás mesas de contratación e xuntas de compras; o retraso á hora de responder preguntas; as trabas para acceder á información; o incumprimento sistemático dos acordos de pleno así como o incumprimento da lei de transparencia en informacións públicas como o pago medio a proveedores que non se actualiza dende o ano 2015” enumeraba o popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies