O PP pide solucións ao resto dos grupos da oposición para buscar a gobernabilidade do Concello de Lugo

By 29 Decembro, 2017 Transparencia

O voceiro popular Antonio Ameijide avanzou que, a vindeira semana, volverán a xuntarse matizando que “este non é o momento dos personalismos, nin das liñas vermellas, é o momento de estudar cales son as necesidades dos lucenses e de buscar unha alternativa que ofreza unha saída ao caos que se vive no Concello e, con esta actitude, nos sentamos hoxe a falar nesta mesa”

O voceiro do  Grupo Municipal do Partido Popular pediu solucións ao resto dos grupos da oposición para buscar a gobernabilidade do Concello e puntualizou que “nós estamos dispostos a explorar todas as vías posibles para desbloquear a situación de parálise que se vive no municipio”.

Antonio Ameijide consciente de que “é complicado chegar a acordos tendo en conta as diferenzas ideolóxicas que hai no arco político da oposición” insiste en que “todos debemos ter altura de miras para buscar os consensos necesarios que desbloqueen proxectos pendentes e problemas enquistados no municipio”.

O voceiro do Partido Popular manifestou que asistiu á xuntanza desta mañá cunha postura de diálogo total “primando os intereses xerais e non nos intereses partidistas”. Antonio Ameijide afirmou en que “este non é o momento dos personalismos, nin das liñas vermellas” e así llo trasladaron, esta mañá, aos representantes de Lugonovo, BNG, Ciudadáns e ACE-EU destacando que “esta vai ser a actitude de humildade coa que se vai sentar a falar o Partido Popular”.

Antonio Ameijide tamén puxo de manifesto a súa “preocupación pola inestabilidade e a gobernalidade de Lugo” afirmando que “o goberno de Lara Méndez está tendo consecuencias moi negativas para os lucenses”. “A situación do municipio de Lugo é insostible, froito da debilidade dun goberno en minoría socialista, da súa falta de xestión e de liderazgo que unida á súa soberbia e á ausencia de vontade para buscar solucións provoca a parálise  e a inestabilidade, no día a día, dos lucenses” concluiu.

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide explicou que a xuntanza que se celebrou esta mañá, promovida dende o Grupo Popular e á que asistiron todos os voceiros da oposición, terá continuidade a vindeira semana tal e como se acordou.

Responder

eighteen + five =