O PP pide que a seguridade privada “chegue xa” aos centros municipais para garantir a tranquilidade dos traballadores e usuarios

By 12 Setembro, 2017Persoal
Visita Uxío NovoNeyra

O voceiro popular, Antonio Ameijide, e a concelleira, Mari Teijeiro, visitaron o centro social Uxío NovoNeyra, no que observaron as necesidades do persoal dos servizos de Educación, Prevención de Drogodependencias, Evislusa e Servizos Sociais

O voceiro do Grupo Popular, Antonio Ameijide, xunto coa concelleira, Mari Teijeiro, continuaron hoxe coas visitas ás diferentes dependencias municipais para coñecer en primeira persoa a situación dos diferentes servizos do Concello. Nesta ocasión achegáronse ata o centro social Uxío NovoNeyra, no que observaron as necesidades do persoal dos servizos de Educación, Drogodependencias, Evislusa e Servizos Sociais. Así os populares comprobaron que os traballadores deste centro, e dos outros centros municipais, seguen a agardar polo servizo de vixianza privada. Os populares, coñecedores de que se agarda que esta mesma semana se asine a acta de inicio da actividade, amosáronse sensibles neste eido e “comparten cos traballadores e usuarios a necesidade de contar con este servizo  que seguro servirá de barreira para a contención de posibles altercados, ameazas ou intentos de agresión nas instalacións municipais”, afirmaron os populares, xa que se trata dun servizo que tamén reclamaron dende a xunta de persoal e o comité de empresa.

Ademais, o PP recolleu o sentir xeral compartido tanto por técnicos como por usuarios das instalacións do centro que lamentan os problemas de climatización das instalacións. Os populares aseguran que “en xeral hai un problema común a todas as instalacións e é o acondicionamento dos espazos de traballo e ocio ao verán. Durante o verán teñen que soportar un excesivo calor, con ausencia de mecanismos de ventilación asistida, que ten o seu contrapunto ao frío que padecen durante o inverno, xa que hai ocasións nas que a calefacción non funciona e poden estar unha semana sen este servizo”.

Despois desta visita, os populares seguirán coa planificación prevista e en vindeiras datas acudirán aos centros de convivencia para comprobar en primeira persoa o funcionamento deste servizo así como a convivencia do mesmo coa vida dos centros.

Ademais, despois da xuntaza mantida onte con empresarios, asociacións, veciños e hostaleiros da Tinería, un encontro moi satisfactorio para os populares, esta mesma semana se desplazarán tamén ata o barrio da Piringalla, para percorrer as súas rúas e comprobar as necesidades dos veciños, San Xoán do Alto e Carballido.

Responder

sixteen − 8 =