O PP pide a creación dun novo canil na cidade para dar resposta ás peticións dos propietarios de animais

By 22 Novembro, 2017 Outros, Proposición, Urbanismo

A vicevoceira do Grupo Municipal do PP Ana López Pombo asegura que a creación deste espazo adaptado para os cans daría resposta ás demandas dos propietarios de animais, que solicitan a adecuación de novos lugares para que os seus cans poidan xogar e correr sen molestar a ninguén

A vicevoceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ana López Pombo, reclama ao goberno local unha maior atención aos propietarios de cans que hai na cidade que ven como os tres canís habilitados xa se quedan pequenos e presentan importantes eivas, polo que a popular pide a creación dun novo canil para dar resposta ás necesidades dos propietarios de cans. Unha proposta que o Grupo Popular levará ao vindeiro pleno municipal.

Segundo Ana López Pombo a creación dun novo espacio para os animais non suporía un “gran gasto” para as arcas municipais xa que non habería que realizar ningún tipo de obra xa que “hai suficientes espazos verdes” para a creación do mesmo. “Nas costas do parque hai un espazo o suficientemente amplo para crear alí o novo canil”, explica a vicevoceira popular, que engadíu que “o único que habería que facer é acotar o espazo para o canil e colocar uns bancos para que os propietarios se poidan sentar e unha fonte para que beban os animais”. Unha intervención mínima que podería “ser de moita utilidade” e que daría unha gran solución aos propietarios de cans. Tamén se podería estudar a instalación do canil no paseo do Río Miño, un lugar con amplas zonas verdes “idóneas” para os animais. “De todos os xeitos non nos pechamos a un lugar concreto, xa que hai varias localizacións aptas. Queremos que se estuden as mellores ubicacións e que se cree un novo canil na cidade”, afirmou López Pombo.

Segundo a popular a creación deste novo espazo adaptado para os cans daría resposta ás peticións dos propietarios, xa que “sería un espazo no que os animais poderían xogar e correr sen molestar a ninguén”.

Na opinión da vicevoceira popular a creación dun novo canil sería moi ben recibida polos propietarios dos máis de 15.200 cans identificados no Concello de Lugo, unha cifra importante, que medrou en máis de 1.500 animais en só un ano. “O aumento é considerable para a cidade, polo que dende o goberno local o máis normal é que habiliten novas instalacións para dar cabida ao aumento de poboación de cans”, explicou López Pombo.

Ademais, a popular insiste no mantemento dos canís que xa hai na cidade. “É preciso corrixir as deficiencias que hai nos tres recintos que están abertos en Fingoi, Estantigas e Frigsa. Principalmente teñen que ver co mal estado pavimento”, explicou López Pombo, polo que solicita aos socialistas que “estendan unha capa de area e melloren a drenaxe para evitar que coa chegada do mal tempo, nestes espazos, os canís se enlamen ou aneguen”.

Outro aspecto que non se debería descoidar nos canís é a hixiene. Ana López Pombo asegura que “hai que arranxar as zonas onde se acumula auga e intensificar a recollida de heces”. Nese senso pensa que sería positivo levar a cabo “campañas informativas para fomentar o civismo entre os propietarios de mascotas para conciencialos sobre a importancia de manter limpo tanto os canís, como outros espazos públicos”.

Responder

1 × 3 =