ObrasUrbanismo

O PP pide aos socialistas que incorporen o arranxo de cinco rúas das Gándaras ao plan de barrios

By 6 Setembro, 2018Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular Enrique Rozas, Mari Teijeiro e Ángel Trabada visitaron esta mañá o barrio das Gándaras para comprobar de primeira man como os diferentes gobernos socialistas que tivo Lugo nos últimos anos esqueceron completamente esta zona da cidade, onde hai varias rúas que precisan dunha renovación completa dende hai varios anos

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitan ao equipo de goberno de Lugo que engada cinco rúas das Gándaras ao plan de barrios xa que o arranxo destas vías “é urxente” dado as grandes deficiencias que presentan e que dificultan a circulación aos veciños.

Os concelleiros Enrique Rozas, Mari Teijeiro e Ángel Trabada visitaron as rúas das Gándaras e comprobaron o malestar dos veciños, que aseguraron sentirse “invisibles” para o goberno socialista de Lugo, xa que, segundo dixeron, “levan anos pedindo o arranxo das rúas e ninguén fixo nada”.

As rúas que o Grupo Popular pide incorporara o plan de barrios son a rúa Volvoreta, a rúa Bubela, a rúa da Aguia, a rúa Papo Rubio e a rúa Vagalume.

Os populares denuncian que se trata de “rúas eternamente esquecidas” para os socialistas, de ahí “o malestar” dos veciños xa que a vexetación e os baches invanden estas rúas.

Especialmente curioso é o caso da rúa Volvoreta. Segundo os veciños desta rúa, dende que se fixo “non se volveu a facer nada nesta vía” a pesar de que os “graves desperfectos” que presenta foron provocados, segundo os propios veciños, polo tránsito da maquinaria que se empregou para amañar a rúa Monte Pía Paxaro, “polo que o goberno socialista de Lugo coñece a situación desta rúa”.

Nas outras rúas que o Grupo Popular solicita que se engadan ao Plan de barrios as actuacións a desenvolver serían o asfaltado completo das mesmas e a limpeza da vexetación que, en moitos puntos, invade as rúas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies