PersoalTransparencia

O PP pide aos socialistas celeridade na selección dos 5 socorristas para o Miño que subvenciona a Xunta

By 3 Xuño, 2018Xuño 4th, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide agradece á Xunta a achega de 157.538 € para  contratar 25 persoas desempregadas no Concello de Lugo “que sufraga os 5 postos de socorristas no Miño e outras 20 prazas de perceptores da Risga”

O Partido Popular insta ao goberno local a tramitar “coa máxima celeridade posible” a autorización para recibir a subvención da Xunta de 15.000 € para contratar aos 5 socorristas que a administración autonómica financia para esta campaña de estival.

O voceiro popular Antonio Ameijide explicou que as administracións locais que se benefician deste programa para contratar a persoas desmpregadas teñen de prazo ata o 29 de xuño para efectuar os trámites necesarios. O popular lembrou que “en anos anteriores, por esperar ata o último día, se privou aos bañistas deste servizo” salientando como o ano pasado “todo o mes de xuño non houbo socorrista no Miño pola neglixencia dos socialistas que non foron quen de facer un trámite administrativo sinxelo en tempo e forma”.

O voceiro popular explicou que ademáis desta achega económica para os 5 socorristas, dende a Xunta de Galicia, tamén se concedeu  outra liña de axuda para impulsar a contratación no Concello de Lugo de 20 postos de traballo de persoas que na actualidade son perceptores da Risga (Renda de Inclusión de Galicia), 142.538 €.  A Xunta, neste caso, tamén  financia a totalidade dos custos de contratación deste persoal (un encargado, tres oficiais e dezaseis peóns) durante 7 meses para prestar distintos servizos de interese municipal.

Ameijide destacou que ambos programas da Xunta supoñen, por un lado, unha oportunidade para a xeración de emprego e, polo outro, un aforro para as facendas locais grazas á subvención da Xunta. Ademais as contratacións efectuaranse en ámbitos que, previa solicitude, responden ás necesidades reais dos Concello”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies