CulturaEconomíaInfraestruturasProposiciónUrbanismo

O PP pide ao pleno que obrigue á alcaldesa a actualizar o inventario do patrimonio municipal

By 29 Novembro, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide afirma que o inventario do patrimonio municipal “está completamente desfasado e incompleto” polo que os 719M€ nos que se valora o patrimonio municipal poderían ser mais ou menos do que hai cuantificado, polo que “se queremos salvagardar as propiedades dos lucenses hai que identificalas, valoralas e xestionalas adecuadamente”

O Grupo Popular solicita ao equipo de goberno a actualización “inmediata” do inventario do patrimonio municipal xa que cos datos que hai neste momento nin a alcaldesa nin o seu equipo de goberno poderían responder de formar real á pregunta de cantas fincas, vehículos, inmobles ou outros bens ten o Concello.

Os populares afirman que malia que cada catro anos se aproba o inventario “o documento está desfasado e incompleto”. A ficha resume, con data de 2014, desvela que o Concello de Lugo ten un patrimonio de 719.570.651,58 €, un cifra que a xuizo dos populares non se axusta á realidade, xa que “podería ser moito maior ou moito menor”.

Entre os bens que non aparecen nesta relación están o parque infantil da Praza de Augas Férreas ou os de Sanfiz, as vivendas domóticas nin o local social de Leiras Pulpeiro e, incluso, falta o  camión de bombeiros que se comprou recentemente por 1 millón de €. Ademais, entre os bens que aparecen e xa non existen sobresae o edificio do antigo matadoiro frigorífico do parque da Milagrosa (367.000 €), que segundo o inventario coexiste co MIHL.

Por iso, os populares queren revertir esta situación e pedirán ao pleno que para salvagardar o patrimonio do Concello de Lugo se inicie o expediente para actualizar este documento e, de forma paralela, elaborar un Regulamento para facilitar a súa xestión.

 

Creación dun novo canil en Lugo

Os populares tamén pedirán o apoio do pleno do Concello de Lugo para reclamar ao goberno local a creación dun novo canil para dar resposta ás necesidades dos propietarios de cans, que ven como os tres canís habilitados se quedaron pequenos e presentan importantes eivas.

Para o Grupo Popular a creación dun novo espacio para os animais non suporía un “gran gasto” para as arcas municipais xa que non habería que realizar ningún tipo de obra xa que “hai suficientes espazos verdes” para a creación do mesmo. Entre os lugares que propoñen os populares para a creación deste novo canil sobresan as costas do parque, onde hai un espazo o suficientemente amplo para crear o novo canil. Segundo os populares “o único que habería que facer é acotar o espazo para o canil e colocar uns bancos para que os propietarios se poidan sentar e unha fonte para que beban os animais”. Unha intervención asumible económicanete e que daría unha gran solución aos propietarios de cans.

Desde o Grupo Popular tamén se ve con bos ollos outras localizacións como o paseo do Río Miño, un lugar con amplas zonas verdes idóneas para os animais.

 

Sinatura dun convenio coa Escola de Artes Ramón Falcón

O Grupo Popular tamén presenta unha iniciativa a pleno para que o Concello de Lugo lidere un proxecto de arte na rúa no que conte coa participación da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón así como cos profesionais do deseño interesados para confeccionar un catálogo propio de mobiliario urbano.

Segundo os populares “a cultura das cidades maniféstase na forma  de embellecer o espazo público” e para evitar que a elección do look do mobiliario urbano sexa unha decisión arbitraria proponse que se impulse un convenio coa Escola de Arte Ramón Falcón que contemple, entre outras cuestións, promover un concurso de ideas para modernizar o entorno da cidade e remata co feismo.

O convenio tamén se orientaría en ofertar aos artistas lucenses determinados elementos urbanos para plasmar a súa obra. Unidades como caixas de luz e de tráfico e que sirven de soporte de anuncios e pintadas poden ser elementos dinamizadores do entorno da cidade.

 

Conta xeral

Os populares tamén exporán no pleno a mala xestión económica do goberno local. Nos últimos días coñeceuse, a través dun infome do interventor, que o Concello de Lugo ten dispoñibles 20 millóns de € para faver fronte aos pagos a proveedores, aos que debe case 9 millóns de €, unha situación que afecta “gravemente” aos autónomos e pequenas empresas da cidade que prestan servizos ao Concello.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies