Turismo

O PP pide á alcaldesa que se sume ao consorcio para formación do xeodestino Lugo/Terra Chá

By 23 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O concelleiro popular Ángel Trabada acusou a Lara Méndez de “carecer dunha planificación turística seria” e de traballar “a golpe de improvisación” subliñando que  “o único que fan os socialistas, neste eido, é aproveitar os réditos puntuais do sector desentendéndose á hora de traballar nunha organización de futuro”

O Partido Popular solicita á alcaldesa de Lugo que se sume ao consorcio para a formación do xeodestino Lugo/Terra Chá que se porá en marcha nas vindeiras semanas.

O concelleiro popular Ángel Trabada explicou que este programa sería moi beneficioso para o municipio xa que “dende a Xunta se ofrece á posibilidade de acceder a axudas económicas para actuacións e apoio de iniciativas turísticas dos concellos adheridos a este programa”. Estamos falando de subvencións que poden alcanzar, para o conxunto do xeodestino, os 150.000 € bianuais.

Trabada explicaba que a única contraprestación económica que aportaría Lugo, para incorporarse ao xeodestino, é un canon de 15.000 € anuais “unha cifra ridícula tendo en conta as vantaxas que se obteñen deste programa turístico”. “

Dende o Grupo Popular instan á Lara Méndez a que  recolla o guante que lle ofrece a Xunta de Galicia para sumarse ao destino xeodestino que xa funciona na Ribeira Sacra e A Mariña. O xeodestino, Lugo e A Terra Chá, abarca os concellos de Abadín, Antas de Ulla, A Pastoriza, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, O Corgo, O Páramo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pol, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba y Xermade. Co xeodestino “trátase de elaborar unha folla de ruta para conseguir un crecemento ordenado e planificado do turismo nestes municipios”.

“Estamos falando de realizar un traballo conxunto para conseguir un obxectivo común, aquí non caben as siglas políticas” se adiantaba o popular en previsión de que os socialistas de Lugo rexeiten incorporarse ao programa, simplemente, porque vén da man dun goberno do PP.

O concelleiro popular Ángel Trabada pedía “altura de miras a Lara Méndez” para cambiar a política municipal de turismo que se caracteriza por “medidas improvisadas que so buscan aproveitar os réditos puntuais do sector desentendéndose á hora de traballar nunha organización de futuro”.

Fitur.- Ángel Trabada afirma que el gobierno de Lara Méndez sigue sin tener una estrategia para Fitur , el concejal popular lamentó que fue más de los mismo y que en el stand “se repitían los mismos folletos de siempre y el único nuevo, de la vieja cárcel, sólo se podía consultar “in situ” sin poder sacarlo del mostrador”. El edil del PP también cuestionó que no se acudiese con productos más elaborados, buscando incrementar las pernoctaciones y desestacionalizar el turismo en la ciudad”, apuntó.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies