O PP pide o acondicionamento dun local abandonado en Augas Férreas para que o usen os veciños

By 3 Xaneiro, 2018 Infraestruturas

A vicevoceira do Grupo Municipal do PP Ana López Pombo explica que na carballeira de Augas Férreas hai un local abandonado que podería rehabilitarse para que os veciños do barrio o empregaran como punto de encontro

A vicevoceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ana López Pombo, solicita ao goberno local o acondicionamento dun local na carballeira de Augas Férreas para que o poidan empregar os veciños da zona. A construción está na actualidade abandonada e adoita empregarse para facer botellón polo que os veciños piden unha actuación urxente para evitar que se converta nun punto de conflito.

Ana López Pombo explica que nas últimas datas os veciños do barrio aseguran que hai grupos de rapaces que se xuntan neste punto para beber e o problema é que deixan todo tirado e xeran ruído. Ademais, os malos olores que comezan a xurdir no local son moi molestos para a cidadanía e perceptibles ao pasar ao carón desta instalación.

Por iso, a vicevoceira popular pide ao goberno local que acondicione este local para que os veciños do barrio poidan empregar esta dotación como punto de  encontro.

Pola contra, se o Concello non pode garantir a rehabilitación e a seguridade neste punto a mellor solución sería a clausura deste local xa que pode ser un punto xerador de problemas.

Responder

1 × 1 =