Economía

O PP lamenta o desprezo do PSOE por implantar un Plan de Aforro Enerxético Municipal que rebaixe ata un 30% o consumo

By 5 Marzo, 2018Sin comentarios

O voceiro popular critica que Méndez non dese nin un só paso para cumprir este acordo de pleno xa que “a factura anual de enerxía suma case 5M€” polo que reclama “unha maior dilixencia para reducir este gasto así como unha maior sensibilidade ambiental”

O voceiro do Grupo do Partido Popular critica o desinterese dos socialistas por promover un Plan de Aforro Energético Municipal para rebaixar preto do 30% a factura anual de consumo enerxético do Concello de Lugo. Tendo en conta que na previsión para este 2018 ascende a 4.993.930 €  estaríamos falando dunha reducción de ata 1.5M€” reflexionou o voceiro do PP Antonio Ameijide.

O popular lembra que o seu Grupo conseguiu, en abril de 2017, o apoio de todos os grupos da corporación, excepto do PSOE, para levar a cabo este Programa de Aforro “é indignante que, logo dun ano, non desen nin un só paso para cumprir este acordo de pleno.

Con respecto ao aforro enerxético en edificios públicos o voceiro popular propón a creación dun decálogo de boas prácticas de aforro e eficiencia enerxética nos servizos municipais. “O que pedimos é elaborar unha guía de medidas que contemple consellos prácticos para fomentar cambios de comportamentos, do persoal municipal e dos usuarios dos edificios públicos, para optimizar os consumos”.

A maiores desta guía Ameijide insiste en que o Concello ten que “investir en melloras de equipos e acondicionamento térmico: falamos de melloras nas fiestras e das portas que garantan unha maior eficiencia, realizar unha auditoría nos edificios principais e, se procede, levar a cabo os cambios nos sistemas de climatización e nas caldeiras, implantar mecanismos para o peche simultáneo de equipos, iluminación … son algunhas das medidas propostas neste manual”.

Ameijide afirma que “o despilfarro do consumo enerxético no Concello de Lugo é unha das consecuencias do empeño do goberno socialista de desmantelar o servizo electromecánico”.  “Non hai un mínimo cronograma que determine como completar a substitución  das luminarias das farolas por outras tipo led, ou tampouco hai quen chequee en que rúas hai problemas de iluminación porque non hai suficientes puntos de luz mentres que, noutros lugares, hai un exceso de iluminación”.

O voceiro popular enumera outras medidas que están paralizadas como son: a colocación de redutores de fluxo, para baixar a intensidade lumínica na vía pública en horas de pouco tránsito; impulsar o apagado por fases en  zonas con pouco tránsito (sempre garantido un mínimo de iluminación por motivos de seguridade); avaliar a implantación de detectores de presenza para regular a intensidade lumínica; ou a instalación en certos puntos luminarias alimentadas por enerxía fotovoltaica.

A estas medidas de aforro enerxético en infraestructuras municipais habería que engadir “o uso de enerxías alternativas nas infraestructuras municipais de alto consumo como son a EDAR ou a ETAP”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies