O PP lamenta que a alcaldesa marche de vacacións tras dúas semanas sen convocar a xunta de voceiros para non afrontar os problemas da Croa

By 2 Xullo, 2018 Transparencia, Urbanismo

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide asegura que o pasado 20 de xuño “pedimos” por escrito a convocatoria dunha xunta de voceiros extraordinaria para poñer sobre a mesa a solución para os veciños da Croa, de acordo coas consultas realizadas aos técnicos municipais, e así esixirlle á alcaldesa que a cumpra pero, polo visto, non quere “nin escoitar” para dar unha solución definitiva aos veciños da Croa

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamentou a postura tomada por Lara Méndez no que se refire aos problemas dos veciños da Croa, xa que marcha de vacacións sen atender á petición realizada, por escrito, o pasado día 20 de xuño polo Grupo Popular. Antonio Ameijide recordou que “pedimos” a convocatoria dunha xunta de voceiros para abordar este asunto e así “desbloquear” a situación para evitar máis problemas aos veciños destas vivendas xa que “a falta destes títulos ten como consecuencia directa unha longa listaxe de anomalías e complicacións administrativas”.

O voceiro popular lamenta que pola “inacción” do goberno socialista de Lugo se xenere unha situación de indefensión legal aos afectados. Por iso, Antonio Ameijide explica que a rexedora “non no deixa outro camiño que “obrigarnos” a convocar pola nosa conta” ao resto de voceiros municipais para explicarlles a solución atopada polos populares, tralas conversas mantidas con técnicos municipais, e acadar o seu apoio para desbloquear a situación. “Lara Méndez e o seu equipo de goberno poden solucionar en tres meses un problema que leva case 20 anos enquistado”, afirmou o popular, unha solución que pasa porque o equipo de goberno encargue no Concello un proxecto de parcelación da zona onde se atopan as vivendas da Croa e logo, unha vez aprobado no Concello, inscribir as parcelas no rexistro da propiedade para, a continuación, entregar as escrituras aos propietarios das vivendas.

O popular asegura que “falamos” de novo cos veciños da Croa e non dan crédito a que Lara Méndez se peche en banda a algo tan simple como unha xuntanza para estudar a solución que “plantexamos” dende o Partido Popular e coa que están e acordo os veciños.

As familias que viven nas vivendas afectadas, ao non dispoñer do título de propiedade dos inmobles, non poden hipotecalas nin avalar préstamos, e incluso, atopan moitas dificultades á hora de facer o testamento ante notario. Outra cuestión que lles afecta ten que ver coa alta no servizo de abastecemento de auga o que lles obriga a pagar en dous recibos o consumo o que repercute nun sobre custe porque acumulan os gastos en dous pagos.

Responder

6 + ten =