O PP esixe desculpas públicas a Lara Méndez tras tres días con tres versións e tres mentiras diferentes

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide recorda como en primeiro lugar Lara Méndez culpou á Xunta do retraso no envío da solicitude de obra, asegurando que non se anexara o proxecto de obra, para logo “ter que recoñecer” que a solicitude levaba máis dun mes no Concello pero que “extraviaran” o proxecto de obra, proxecto que “agora apareceu en dependencias municipais” demostrando de novo que levaban tres días mentindo dende o goberno socialista

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, quere pechar a polémica xurdida en torno ao Centro Integral de Saúde para o barrio da Residencia e para iso esixe a Lara Méndez “desculpas públicas” despois de que ela e o seu equipo de goberno ofreceran nos últimos tres días tres versións diferentes, sendo todas elas mentira.

Antonio Ameijide afirma que o que “veñen de acreditar os socialistas” é que son uns “incompetentes” despois de ver como xestión o Concello de Lugo. En primeiro lugar optaron por culpar a outra administración, a Xunta de Galicia, dos seus propios erros, para logo recoñecer que se trataba dun “problema interno” do Concello xa que perderan o proxecto que si enviaran desde o goberno autonómico para, pechar as explicacións empregando a un funcionario, que se atopa de vacacións, “como chivo expiatorio”.

Para o voceiro popular estamos ante un “verdadeiro despropósito” e “a saída máis digna” para Lara Méndez sería “pedir desculpas públicas e admitir o seu erro” en lugar de aproveitarse dun funcionario que se atopa de vacacións.

Doutra banda, Antonio Ameijide segue a pregunta a Lara Méndez que ocorre coa proposta de convenio que segue agardando pola súa sinatura para poder comezar con outras actuacións de “importancia” que se teñen que desenvolver paralelamente á creación do Centro Integral de Saúde no barrio de A Residencia. O popular explica que o 28 de xuño de 2017 Sanidade remitiu o convenio ao Concello de Lugo e, o enviou de novo o 8 de setembro do mesmo ano, coas modificacións que a rexedora solicitou. “Non se trata de que non asinara o convenio, nin sequera deu unha resposta á Consellería de Sanidade. Non entendo que ocorre para non asinar algo que se definiu nos parámetros que ela solicitou”, afirmou o popular.

Para o popular estamos ante a enésima mentira do goberno socialista, ao que se lle acumulan “os erros graves” como poden ser a praia fluvial, pola que seguen agardando os lucenses; a Fábrica da Luz, onde Daniel Piñeiro dilatou un mes e medio a siantura da solicitude de prórroga da concesión; ou o Garañón, asunto no que demoraron cinco meses o envío dun informe “clave” para dilucidar a responsabilidade municipal no derrubamento das torres.

 

Plan de comunicación interna

Antonio Ameijide recorda que no pleno do pasado mes de abril o Grupo Popular levou unha iniciativa na que pedía a implantación no Concello de Lugo dun plan de comunicación interna, dirixido a “impulsar o desenvolvemento dunha nova cultura colaborativa e participativa, de cara a mellorar o funcionamento do Concello e o servizo ao cidadán”, proposta que se rexeitou cos votos do PSOE.

Un plan que, de aprobarse e implantarse, axudaría a “evitar os problemas” nos que agora se escuda o edil de urbanismo Daniel Piñeiro, que alegou “falta de comunicación entre os servizos municipais”.

Responder

4 × 2 =