O PP esixe á alcaldesa máis traballo e que recorra os barrios para ver as necesidades reais que é imprescindible solucionar de inmediato

By 25 Xuño, 2018 Infraestruturas, Urbanismo

O voceiro municipal popular, Antonio Ameijide, e o vicevoceiro, Enrique Rozas, visitaron o barrio de Castelo para comprobar as necesidades existentes na zona, despois de que Lara Méndez anunciase unha actuación no barrio, intervención que os veciños ven claramente “insuficiente” e que pensan que “non da resposta” ás necesidades reais do barrio

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo pedirá ao goberno local que estude ben as actuacións que vai a desenvolver no barrio de Castelo, onde o equipo de Lara Méndez anunciou unha intervención pero, lamentablemente, non dan resposta ás principais necesidades do barrio. O voceiro municipal popular, Antonio Ameijide, e o vicevoceiro popular, Enrique Rozas, visitaron o barrio e comprobaron de primeira man como os socialistas esqueceron “actuacións prioritarias”.

Antonio Ameijide recorda como hai uns días o goberno socialista de Lugo se esqueceu de asfaltar parte da rúa Mestre Méndez e, agora, a situación é peor xa que se esquecen de máis da metade dun barrio.

Os populares recordan que se trata de zonas con gran transito de persoas xa que por ahí pasa o Camiño Primitivo. A imaxe que se atopan os peregrinos “é lamentable”. Moitas das pistas das que se esqueceron os socialistas precisan dun reasfaltado “inmediato” xa que teñen numerosos baches, algún deles de gran profundidade. Ademais, é imprescindible mellorar a imaxe do barrio, xa que a maleza invade practicamente a totalidade das pistas.

Por iso, Antonio Ameijide explica que “non pedimos que anulen” a mellora xa proxectada, “pretendemos que se estuden as necesidades de todo o barrio e se faga unha actuación en conxunto”. Por iso, o voceiro popular pedirá que se aumente a intervención no barrio para paliar todas as necesidades existentes.

O popular tamén asegurou que cando Lara Méndez e o seu equipo visitaron o barrio “simplemente se achegaron para ter unha foto” pero non estudaron as necesidades do mesmo, xa que se o percorreran xunto aos veciños daríanse conta, por exemplo, do problema existente cos colectores do lixo, unha circunstancia que dende o Grupo Popular poñemos de relieve. “Non se realiza unha recollida selectiva, principalmente, porque non hai colectores para separar o lixo. Só hai colectores de materia orgánica. Non atopamos colectores de vidro, plástico ou papel”, explicou o popular.

Ademais, as infraestruturas do barrio de Castelo se atopan bastante deterioradas, tal e como lles fixeron chegar os veciños do barrio aos populares. “Revisamos diferentes puntos e atopamos como algo tan básico como un banco non se pode empregar porque a maleza o invade ou como a tapa dunha alcantarilla caeu, deixando ao descuberto unha caída de varios metros, algo que non se sinalizou para advertir do perigo”, explicou Ameijide, o que demostra que “os socialistas só foron a Castelo a semana pasada a facerse unha foto, sen preocuparse polas necesidades dos veciños”.

Responder

two × 1 =