O PP di que os vehículos do parque móbil non puideron repostar porque Lara Méndez debía máis de 7.000€

By 18 Abril, 2018Persoal, Policia
Coche policía-Centro-GMPPLugo

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide denuncia que a alcaldesa está inmersa nun bucle de mentiras imparable xa que en menos de 24 horas demostramos que faltou á verdade “ata en tres ocasións”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia as constantes mentiras de Lara Méndez e puxo de manifesto que en menos de 24 horas “desmontamos” tres mentiras da alcaldesa. Ameijide alerta de que Lara Méndez se está a converter na alcaldesa “morosa e mentirosa” e semella que non quere cambiar de camiño.

A alcaldesa faltou á verdade ao asegurar que as tarxetas da gasolina dos vehículos do parque móbil municipal non funcionaban por un erro bancario ou un erro de Solred. Nada máis lonxe da realidade. Lara Méndez “é pouco hábil” faltando á verdade como o seu compañeiro socialista que aseguraba que se inventou que era un corrupto. O voceiro popular explica que onte, durante o pleno, a alcaldesa se ausentou do mesmo para asinar, ás 11:23 horas, un decreto con reparos de legalidade para pagar 7.303,70€ que se lle adebedaban a Solred.

O voceiro popular afirma que “non había erro algún, o único erro é que a alcaldesa é morosa e mentirosa”. Ameijide denuncia que a rexedora “non sabe xestionar o Concello” xa que se demostrou que non houbo ningún erro bancario nin na entidade que subministra o combustible. “Non se podía pagar coas tarxetas porque as cortaron porque non pagaron as facturas. Exactamente o mesmo que cando se cortou a luz cando non a pagaron. Se non pagas non hai servizos. Así de simple”, explicou o popular, pero “semella que non lle entra na cabeza aos socialistas xa que se acostumaron a non pagar aos proveedores”.

Antonio Ameijide pon de manifesto que no Concello de Lugo se chegou a esta situación por mor dunha desorganización “total” nos servizos municipais. A descontrol nos servizos do Concello “é de tal calibre” que non hai persoal á fronte de diversos servizos, como pode ser o parque móbil ou a banda, e moitos outros totalmente desmantelados, unha denuncia que “a semana pasada nos fixeron chegar todos os representantes dos traballadores” durante a xuntanza que os populares mantiveron con eles, xa que, cómpre recordar, que o Grupo Popular ten que facer de interlocutor cos propios traballadores municipais “porque os socialistas non saben gobernar”.

O voceiro popular lamenta que, cada día que pasa, o Concello vai camiño de ser “un descalabro maior”. É “ridículo e un esperpento” que un chófer do parque móbil non poida repostar por ter bloqueada a tarxeta de combustible e teña que pagar “do seu propio peto” 58€ para encher o depósito do vehículo.

O voceiro popular recorda que onte tamén “desmontamos” outras dúas mentiras da rexedora. A primeira na que dicía que o Grupo Popular non presentara ningunha proposta en materia de transporte urbano e, a segunda, porque Lara Méndez tamén negaba que os populares pediran acceso ao modelo de transporte de Lugo. “Polo xeral, as mentiras teñen as patas moi curtas e as de Lara Méndez máis. Desmontamos as súas falsidades presentado os documentos rexistrados no Concello de Lugo coas propostas do noso grupo e coa solicitude de acceso ao modelo de transporte e quen o desexe pode velo xa que os fixemos públicos a través das Redes Sociais do Grupo Municipal”, afirmou Ameijide.

Unha situación que empeora cada ano. Ameijide lembra que Lara Méndez pechou o ano 2017 adebedando case 12M€ a 8.463 empresas e autónomos. Para o popular a postura dos socialistas é “lamentable” tenfo en conta que hai poucos días nun informe sobre as facturas que se levaron ao derradeiro pleno ordinario “excusaron o non pagar facturas de hai tres anos no falecemento dun funcionario hai cinco anos”. “Ata este punto chega o desnorte e descontrol dos socialistas”, sentenciou o popular.

 

Competencias no parque móbil

Antonio Ameijide tamén denunciou que Lara Méndez “é a competente na área de parque móbil” pero non exerce as súas competencias, tendo que tomar o mando o voceiro do goberno local.

Responder

eleven + 14 =