Urbanismo

O PP di que está a piques de cumprirse un ano da caducidade do contrato de zonas verdes que supón 1M€ anuais ao Concello

By 2 Febreiro, 2018Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal do PP Ana López Pombo pide ao goberno local que saque a licitación o novo pliego do contrato de mantemento de zonas verdes “no menor tempo posible” e que nel se contemple que a adxudicataria renove total ou parcialmente os senderos peonís desta zonas

A vicevoceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ana López Pombo, dixo en rolda de prensa que o contrato de mantemento de zonas verdes da cidade está a piques de cumprir un ano caducado, o que suporá un custe para as arcas municipais de 1.066.761,60€. Unha situación que “demostra unha vez máis a parálise” á que teñen sometida á cidade os socialistas.

Neste senso, Ana López Pombo urxe ao goberno local a sacar a licitación “no prazo máis breve posible” a contratación do novo contrato para o mantemento das zonas verdes da cidade, xa que ao estar sen contrato “están a gravar” as arcas municipais.

Ademais, a popular incide no “deficiente” mantemento de diversos puntos da cidade, como pode ser o Paseo do Miño. No contrato establecíase que había que realizar 16 intervencións no referente a mantemento e conservación deste paseo da cidade, pero “a imaxe que podemos ver hoxe dista moito dun correcto mantemento”. López Pombo asegura que dende o Partido Popular “somos conscientes de que en épocas de chuvia haxa socavóns con charcos de auga, pero o que vemos arestora só é a proba dunha absoluta deixadez e parálise”.

A vicevoceira popular explica que neste momento “hai puntos que constitúen un verdadeiro perigo, especialmente coa chegada das precipitacións e as xeadas do outono e do inverno, unido á falta de mantemento e á existencia de zonas sombrías que xeran unha capa esvaradía”, polo que insta aos socialistas a adoptar medidas que “permitan un uso continuado e seguro destas zonas”.

Unha imaxe que demostra que os socialistas adolecen dun proxecto para Lugo porque “é lamentable” ver como se atopan estos paseos, xusto na zona na que o goberno local quería instalar a praia fluvial. Pero esta non é a única zona da cidade na que o firme destas sendas é “notablemente mellorable”, xa que os camiños do entorno do recinto ferial “teñen uns tremendos socavóns”, o que supón un perigo para a integridade física dos cidadáns. Unha situación que evidencia a renuncia explícita dos socialistas de potenciar o Miño. “Se lles enche a boca vendendo proxectos do Edusi pero son incapaces de facer algo tan sinxelo como un mantemento e conservación periódica destes sendeiros”, asegurou a popular.

Neste senso, López Pombo pide ao goberno local que no novo pliego do contrato de mantemento de zonas verdes se contemple que a empresa adxudicataria renove total ou parcialmente os senderos peonís desta zonas, xa que “o que se precisa é unha actuación que vai máis aló de botar unha capa de jabre, xa que senón estaremos na mesma situación cada dous meses”.

Ademais, para mellorar o Paseo do Miño, Ana López Pombo convida aos socialistas a dar as pegadas precisas para unir, definitivamente, esta zona verde co Paseo do Rato. “Deberían estar en perfecto estado de revista para a primavera”, sentenciou a popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies