Cultura

O PP di que o Concello paga máis de 600.000€ a unha empresa de Vendex pola xestión dos museos dende que caducou o contrato

By 26 Novembro, 2017Novembro 27th, 2017Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do PP Encarna Amigo denuncia que o goberno local “sempre atopa unha excusa” para demorar a licitación do contrato de xestión dos museos polo que permite que unha empresa do grupo Vendex siga a cobrar de todos os lucenses 200.000€ cada ano sen contrato en vigor

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Encarna Amigo, denuncia que o Concello de Lugo xa pagou máis de 600.000€ con reparos de legalidade a unha empresa do grupo Vendex (197.573,23€ cada ano) pola xestión dos museos municipais de Lugo, xa que o contrato caducou no ano 2014.

Amigo asegura que dende o goberno local “non teñen interese” en licitar os contratos e mostra delo é o da xestión dos museos. “Hai uns meses que sacaron a licitación este contrato e non se presentou empresa algunha xa que semella que o estudo de costes non cubría os gastos, ou alo menos iso foi o que explicaron desde o goberno local”, afirmou Encarna Amigo.

Por iso, os socialistas de Lugo víronse na obriga de recalcular a contía económica, para tentar que o contrato fora “máis atractivo” para as empresas, pero “a realidade coa que nos atopamos” é que o pliego leva meses paralizado e mentres unha empresa do grupo Vendex “segue facturando a todos os lucenses sen contrato”.

Encarna Amigo recordou tamén que ésta non foi a única paralización que sufríu este contrato, xa que en ocasións anteriores se demorou a adxudicación por mor “dos numerosos problemas de xestión que ten o goberno de Lara Méndez”.

A Domus do Mitreo, o museo da cidade cun maior número de visitantes, xa non se pode incluir no pliego de contratación xa que o Concello de Lugo non ten ningunha competencia nese museo. Isto débese a que a Universidade de Santiago de Compostela, ente co que o Concello compartía a xestión, decidíu asumir a xestión integral desta dotación.

Ademais, a concelleira popular preguntou ao goberno local que ten pensado facer có vello cárcere, xa que este recinto non se inclúe dentro do pliego do contrato dos museos. Para Amigo os socialistas terían que incluir esta dotación dentro do pliego para así xestionalo e dotalo de contidos e seguridade, xa que cómpre recordar que actualmente “no vello cárcere non hai nada e sigue sen contrato”. “Despois de inauguralo por todo o alto e tivo visitas nos seus primeiros meses para ver a obra pero agora nos atopamos con que temos un edificio baleiro en pleno centro da cidade, outro investimento millonario que o goberno socialista despedicia por no ter un proxecto claro de cidade. O primeiro contrato desta dotación caducou e non se sacou un novo e nin se incluíu no pleigo dos museos, polo que os socialistas non saben nin que facer con este edificio”, sentenciou Encarna Amigo.

Por outra banda, a concelleira popular pide “coherencia” ao equipo de goberno e solicita que anulen a ordenanza que regula os prezos públicos pola prestación de servizios nas instalacións culturais, xa que nesta normativa se regulan os prezos de entrada aos museos municipais, pero “permiten a entrada de balde” polo que o máis lóxico sería que “anulasen esa ordenanza para non incumprila”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies