O PP di que a 20 días para iniciar a montaxe das casetas do polbo a contratación dunha está no aire

By 24 Agosto, 2018 Cultura, Transparencia

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Encarna Amigo explica que trala renuncia dun adxudicatario a unha das casetas do polbo que se lle concederon os lucenses corremos o risco de que este ano as patronais conten con só tres casetas o que pon de manifesto a “neglixente” xestión que realizan os socialistas neste eido

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Encarna Amigo, afirmou que Lugo corre o risco de ter neste San Froilán só tres casetas do polbo, o cal sería unha “nefasta xestión” de Lara Méndez e o seu equipo de goberno que, dende que chegaron ao goberno, “semellan empeñados” en que un dos grandes atractivos das patronais quede nun segundo plano.

Encarna Amigo di que “non se sabe se este ano haberá tres ou catro casetas” xa que despois das explicacións que o equipo de goberno ofreceu durante a xuntanza da comisión de festas fan pensar que nesta edición do San Froilán “corremos o serio risco” de ter tres casetas.

A concelleira popular explica que un dos adxudicatarios das casetas renunciou a unha delas, polo que o equipo de goberno terá que iniciar un novo proceso de contratación cando estamos a 20 días de comezar a montaxe das casetas.

Encarna Amigo dubida que en tan pouco tempo este equipo de goberno sexa capaz de atopar unha alternativa para que as patronais conten con catro casetas porque do contrario Lara Méndez terá a dubidosa honra de poder dicir que en tres anos eliminou dúas casetas do polbo, un dos referentes do San Froilán.

Doutra banda, a concelleira popular pon a critica tamén na confección do programa das patronais, xa que os socialistas presumiron de ter case pechados os contratos pero queren anunciar o programa o 15 de setembro. A popular non entende que tendo o programa pechado se renuncie a promocionar o San Froilán no resto de España con tempo suficiente para atraer turistas aos festexos. “Non se pode entender como pretenden promocionar en só 15 días unhas festas que custan 700.000€ e que terían que seguir sendo un referente no norte peninsular porque son de interese turístico nacional”, explicou Encarna Amigo, unha característica que se está a perder pola “neglixente” promoción das patronais que realizan os socialistas.

Responder

two × 5 =