O PP desvela que Lugo é a quinta capital de provincia española e a primeira que peor paga de Galicia

By 12 Setembro, 2017Economía
Antonio Ameijide

O voceiro popular Antonio Ameijide afirma que, segundo os datos informe de setembro do Ministerio de Facenda do Período Medio de Pago a Proveedores, os autónomos e empresarios lucenses tardan en cobrar as súas facturas cerca de 2 meses

O Grupo Municipal do Partido Popular pon o punto de mira na calidade de pago a empresas e prestadores de servizo do Concello de Lugo lamentando estes teñan que sufrir retrasos de case dous meses para cobrar o seu traballo. Segundo o informe de setembro do Ministerio de Facenda do Período Medio de Pago Lugo sitúase como a quinta capital española que peor paga con 58 días de demora. Ameijide incidiu en que “dende que entrou a alcaldesa no goberno local os proveedores teñen que agardar unha media de corenta días máis para cobrar as súas facturas”.

Antonio Ameijide explica que segundo os datos deste documento se desprende que no que vai de 2017 o importe de pagos pendentes é de 7,5 millóns de euros mentres que o importe de pagamentos realizados suma os case 2,4 millóns.

Para os populares o feito de que os socialistas de Lugo necesiten 58 días para pagar as súas débedas aos proveedores é un prazo excesivo xa que “se presumen de contas saneadas o lóxico é que cumprisen co prazo de 30 días que marca a Ley de Morosidade”.

O popular tamén sinalou que “lamentablemente Lugo segue situada como primeira gran cidade galega que peor paga”. O popular detallou que casi duplicamos os días de demora de Ourense que paga en 30,92; e estamos moi lonxe  dos 25,94 de A Coruña; os 26,07 de Ferrol; os 11,38 de Vigo ou os 4,64 días de Pontevedra”.

O popular considera que esta situación que tantos perxuizos ocasiona ás pequenas e medianas empresas así como aos autónomos de Lugo é froito da parálise e a mala xestión económica do goberno de Lara Méndez.

O voceiro popular reflexionou que “quizais o feito de que dende xuño de 2016 o goberno local non publicite na web os datos datos referidos ao pago medio a proveedores poda responder a un intento de ocultar a súa ineficacia”. Ameijide demanda que “se actualice tanto esta información coma outras que non aparecen no portal municipal xa que se está incumprindo de forma reiterada a Lei de Transparencia”.

Responder

fifteen + 18 =