O PP desvela que o goberno local deixou de cobrar 2.000 recibos de impostos e taxas municipais por un total de 350.000 €

By 30 Outubro, 2017Economía
Antonio Ameijide

O voceiro popular Antonio Ameijide explicou que “a taxa por subministro da auga (598 recibos); o Imposto de Bens Inmobles (525 recibos) xunto co de imposto de vehículos de tracción mecánica (434 recibos) son os recibos pendentes máis cuantiosos imposibles de cobrar”

O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia que a xestión da recadación por parte do goberno socialista é un despropósito e que a concelleira de economía debería tomar decisións e adoptar medidas máis contundentes para evitar o problema dos recibos imposibles de cobrar que se consolidan ano a ano.

O voceiro do PP Antonio Ameijide explicou que os créditos incobrables ascenden a un total de 341.180,24 € puntualizando que “os importes máis cuantiosos que adebedan, 27 particulares e 19 empresas, corresponden aos impostos de subministro de auga; Imposto de Bens Inmobles e Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica.

Ameijide explicou que antes de que tesourería asine o decreto no que se recoñece que estes importes non se van cobrar os contribuintes xa recibiron os avisos pertinentes primeiro, polo procemento ordinario, e logo por vía executiva co recargo correspondente.  No caso de Lugo estamos a falar de 1989 recibos que corresponden a varios exercicios contables.

Para Ameijide non é de recibo que a señora Prieto presuma de gran xestión en materia económica “está orgullosísima de amortizar débeda e do superávit municipal pero non di nada do problema da morosidade. Debería explicar porque nos dous anos como concelleira non tomou nin unha soa decisión para frear o incumprimento sistemático no que incurren empresas e particulares que non pagan os seus impostos en tempo e forma”. Ameijide insiste en que en materia de recadación o único que fixo foi desmantelar inspección tributaria para externalizar o servizo lembrando como na actualidade esta empresa engrosa a colección de prestacións externalizadas e que presta servizo con contrato caducado.

Responder

sixteen − 15 =