O PP destapa unha factura impagada de 120.000 € do San Froilán que multiplica por 10 o importe pendente de pago recoñecido

O voceiro popular Antonio Ameijide afirma que “sete meses despois das patronais o goberno socialista ainda non pagou os escenarios dos espectáculos da Horta do Seminario e da Praza de Santa María” e acusa aos de Lara Méndez de “falsear datos, na comisión de festas de decembro, cando se informou dos cargos pendentes cuantificándoos en 11.657,13 €”

O voceiro do Grupo Popular acusa aos socialistas de “falsear  os datos de facturas pendentes de pago do San Froilán 2017” aclarando que é incrible que “cando tíñamos que estar falando de contratacións, para a vindeira edición das festas, nos atopamos con novas facturas impagadas”.

Antonio Ameijide desvelou que “hai como mínimo unha factura de 118.156,50 € sen aboar. A conta foi emitida o 24 de outubro e, segundo nos infoman, está validada”. O importe corresponde á contratación da producción integral de espectáculos das Festas do escenario da Praza Horta do Seminario (57.500€)  e o da Praza de Santa María (40.150 €).

Ameijide explicou que “o debe e o haber das contas de San Froilán que presentaron na  comisión que se celebrou o pasado 26 de decembro é irreal e que hai un desfase como mínimo duns 118.156,50€”.  O popular explicou que “os socialistas deron unha cifra irreal” xa que dixeron que “había pendente de pago 11.657,13 €, unha cantidade dez veces menor que a factura que acabamos de descubrir” reflexionou o popular.

Os populares consideran “moi grave esta situación” ironizando con que “seguramente, como xa nos teñen acostumados, intentarán eludir responsabilidades e responderán que foi un  erro de contabilidade dalgún técnico”. Para Ameijide o máis correcto sería que os socialistas asumisen que “para ocultar a súa falta de xestión e evitar que os acusen de morosos falsearon datos na citada comisión de festas”.

Os populares tamén advirten que “o retraso no pago desta factura podería derivar nunha condena ao concello por intereses de demora e pago de costas xudiciais, no caso de que o empresario decidise emprender accións xudiciais”.

O voceiro popular afirmou que “con despropósitos como este, de facturas impagadas que aparecen da nada, se confirma que estamos diante dun goberno que ben, non sabe o que ten entre mans, ou ben, intenta despistar o seu grao de ineficacia  tapando facturas rexistradas hai sete meses como esta dos escenarios para os concertos de cultura”.

O popular tamén avanzou que co obxecto de clarificar as contas definitivas do San Froilán e pedir explicacións sobre a situación na que se atopa esta factura e coñecer os motivos polos que non se abonou en tempo e forma pediremos explicacións na vindeira comisión de cultura.

O popular insiste en calificar a Méndez como “a alcaldesa morosa” lembrando quepechou o exercicio de 2017 con 8.463 facturas sen pagar por un importe que ascende a 12 millóns de euros”.

Responder

seven − six =