Urbanismo

O PP denuncia unha “chamativa dobre velocidade” na tramitación das licenzas urbanísticas en Lugo

By 1 Agosto, 2018Sin comentarios

O  PP volveu hoxe a insistir en que o goberno local debe adoptar medidas para acurtar “o tempo de resposta da tramitación de licenzas de obra maior” matizando que “hai que comezar por axilizar o primeiro informe que se emite e que, en Lugo, tarda unha media de sete meses”.

O voceiro popular Antonio Ameijide destacou que “é necesario reducir á metade este tempo de espera e conseguir que en menos de tres meses  os veciños que soliciten licenza de obra maior no rexistro teñan unha primeira contestación á que aterse, xa que a lei di que en menos de tres deben resolverse”.

Esta é a proposta que presentou hoxe o voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide logo de facer públicos os datos dun informe no que se analiza o tempo que se tarda en Lugo en emitir o primeiro informe das licenzas de obra maior. Os datos que se tomaron como referencia foron o dos expedientes resoltos en xunta de goberno no período comprendido entre o 1 de maio ata o 18 de xullo do presente ano.

“En total se concederon 64 peticións e o período medio de emisión do primeiro informe foi de 208 días ainda que hai casos sangrantes como os 2.270 días que se tardou en emitir o primeiro para a modificación dun oco de fachada nunha clínica na Avenida de Madrid”. Antonio Ameijide explicou que dentro deste expediente existe un informe que proba que o concelleiro de urbanismo tardou tres anos en reaccionar e en dárse conta de que “non había xefe de servizo e que non existía, nin existe esa figura responsable para organizar o traballo provocando casos como o deste expediente, rexistrado o 20 de marzo de 2012, e que quedou gardado nun armario ata o 5 de xullo de 2018”. Para o popular esta é outra máis que avala o caos do departamento de urbanismo dirixido por Daniel Piñeiro”. Outro motivo máis que acredita a reprobación a este concelleiro que o Partido Popular forzou no último pleno .

Os populares afirman, á vista deste informe,  que parece que en Lugo hai licenzas de primeira e de segunda e que existe unha chamativa dobre velocidade na súa tramitación. Esta afirmación basease nos datos do informe que presentaron hoxe no que indican que se “detectaron varios casos de expedientes que se informan nun tempo record como son  unha reforma dun local na rúa Primavera que se informa en 2 días mentres que a redistribución dun sótano dun edificio na rúa Nova tardou 594 días; ou os 7 dunha autorización de obras para instalación dun valo publicitario en Duquesa de Lugo en contraposición con 391 días para instalación dun ascensor;  tamén resulta chamativo os 53 días nos que se informou a construción dunha vivenda rúa río Louzaneta en contraposición cos 530 días que tiveron que agardar para un primeiro informe negativo para rehabilitar unha cuberta na rúa Catedral, ou os 540 para informar dunha legalización dunha vivenda en Adolfo Suárez”.

Os datos do informe do PP tamén confirman que os socialistas de Lugo frenan o desenvolvemento da tinería “estamos falando de 537 días para informar a rehabilitación dun edificio no recanto do Miño”. O popular recriminou por un lado a falta de lealdade con outras administracións, neste caso co IGVS, propietario do edificio e, por outro, o desánimo que provoca para os emprendedores que queiran reformar os locais da tinería que vén que máis da metade do prazo de aluguer vai voar co tempo que se consumirá para resolver a licencia que presenten.

Ameijide, á vista destes datos, reflexionou que “serán os concelleiros reprobados, Lara Méndez e Daniel Piñeiro, os que terán que explicar esta dobre velocidade e as diferentas de criterios que parece que non teñen que ver coa orde coa que se rexistran”.

O voceiro popular sospeita que o goberno socialista “ten algo que ocultar” xa que impediu ao Grupo Popular o acceso ás licenzas de obras maiores que están pendentes de informe. Para Ameijide contestación é unha excusa de mal pagador xa que todos no Concello “sabemos no armario nos que almacenan estes expedientes á espera de que laguen os rescate”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies