EconomíaTransparencia

O PP denuncia que os socialistas de Lugo adxudicaron a dedo, no primeiro trimestre de 2018, o 64% dos contratos menores

By 18 Xuño, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide desvelou que só “en tres meses se asinaron ata 173 contratos menores por un importe de 750.000 €” o que evidencia o uso abusivo desta figura

O PP afirma que o goberno socialista continúa sen corrixir o uso abusivo dos contratos menores. O voceiro popular Antonio Ameijide desvelou que, segundo os datos publicados na web municipal,  só no primeiro trimestre deste ano os socialistas validaron 173 contratos menores por un importe de 748,847,85€.

Os populares tamén poñen no punto de mira é o feito de que no 54% dos contratos menores que asinou a alcaldesa nos meses de xaneiro, febreiro e marzo tan só había unha única oferta na mesa de contratación. “En 94 casos só había unha proposta e 110 se adxudicaron con menos de tres ofertas” matizou Ameijide.

Entre os exemplos de contratos que se deron a dedo, sen contar con máis dunha oferta, atopamos casos como “pólizas de accidentes, adquisión de productos de hixiene, equipamento de sinalización, serigrafía de lonas, equipamento de roupa, transporte en autobús para rutas de sendeirismo …”

O voceiro popular pregúntase “como van confiar os lucenses nun goberno que incumpre de forma tan fragante o código de boas prácticas do que tanto presumiu e no que se recomendaba presentar como mínimo tres ofertas”. Antonio Ameijide concluíu que á vista dos datos atopámonos en Lugo que “unha práctica que deberían ser  extraordinaria está a converterse algo habitual no Concello de Lugo”.

Outro aspecto que criticou o voceiro do PP foi o feito de que na páxina web non aparezan publicados os datos dos contratos menores (obxecto, duración, importe licitación, número licitadores …) realizados dende o pasado mes de marzo.

Os populares instan ao goberno local a axilizar a implantación dun sistema aberto de adquisición para contratos menores habilitando unha aplicación web e móbil para que se rexistren, de forma voluntaria, empresas e autónomos que desexen traballar co concello. Os interesados poderán darse de alta e elixir a categoría na que queiran enmarcarse e, deste xeito, recibirán unha notificación de cada contrato menor do seu ámbito e poderán presentar ofertas. Esta iniciativa de autoría do Partido Popular foi aprobada no pleno do pasado mes de xaneiro.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies