AccesibilidadUrbanismo

O PP denuncia que en Lugo se tarda unha media de sete meses para conseguir a licenza dun ascensor

By 20 Novembro, 2017Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular explicou que, no vai de 2017, o Concello de Lugo autorizou, en xunta de goberno, a colocación de 19 elevadores indicando que “cada vez son máis frecuentes as protestas de veciños pola excesiva demora para cumplimentar este trámite”.

O Grupo Popular denuncia “o ritmo lento e a escasa disposición dos socialistas” á hora de conceder as licenzas para montar ascensores explicando que “un veciño de Lugo tarda unha media duns sete meses en conseguir este trámite cando o lóxico sería que en tres meses estivera listo”.

O voceiro popular analizou os datos das solicitudes concedidas en xunta de goberno polo Concello de Lugo ao longo deste 2017. Neste periodo se informaron favorablemente 19 ascensores en diferentes barrios da cidade pero detectamos “casos sangrantes onde algunhas comunidades tiveron que armarse de paciencia” salientando unha de Camiño Real número 115 que solicitou a obra para instalar un ascensor o 3 de Marzo de 2016 e se lle concedeu o 2 de agosto de 2017.

Ameijide utilizaba este exemplo para censurar “a dobre cara dos socialistas que, por un lado afirman que se esforzarán en revitalizar o barrio da Milagrosa cando a realidade delata cal é o seu verdadeiro compromiso”. “Estamos falando dun barrio onde hai necesidade de ascensores nos edificios xa que,  estes dispositivos, son un requisito mínimo para que un edificio sexa accesible e para garantir aos veciños unha boa calidade de vida aparte de revalorizar o inmoble” indicou o popular.

Ameijide recriminou que “unha vez que se acada o acordo da comunidade para facer a obra é inaceptable que sexa o Concello o principal escollo para incentivar que este tipo de obras se acometan noutros edificos”.

Os populares explicaron que colocar un ascensor supón un esforzo inversor duns 33.000 € matizando que é unha mágoa que “a falta de dirección política en urbanismo e a escasez de persoal repercuta na axilidade deste tipo de trámites”. Para Ameijide o goberno local debería reducir a burocracia neste tipo de solicitudes xa que “hai casos onde, por carecer de ascensor, un piso pode chegar a ser unha cárcere para o usuario que por ter unha mobilidade reducida pode quedar atrapado na vivenda sen posibilidade de pisar a rúa”.

Ameijide explicou que temen que nos expedientes que hai en lista de espera no Concello de Lugo para informar haxa máis casos bloqueados e, nese senso, pedirá información “queremos saber o número de solicitudes pendentes porque temos constancia que hai comunidades que levan xa, arestora, como mínimo un ano agardando a resolución”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies