O PP denuncia “o caos e a mala planificación” das actividades do Nadal en familia e pide un sistema de reserva on line

By 11 Xaneiro, 2018Cultura, Servizos sociais
Cola MIHL

A concelleira popular Mari Teijiero afirma que “a falta de previsión” nos espectáculos infantís da caixa negra do MIHL provocou “colas e queixas de lucenses que quedaron fóra das funcións porque non se fixo unha reserva previa malia que o aforo era limitado”

O Partido Popular criticou a mala planificación das actividades do programa Nadal en familia que organizou o Concello de Lugo durante as festas navideñas. A concelleira centrou as súas críticas no sistema de acceso aos obradoiros infantís que se celebraron no Vello Cárcere e “na situación bochornosa pola falta de previsión dos espectáculos da caixa negra do MIHL.

 No caso do Museo Interactivo da Historia de Lugo a popular criticou que non se fixera unha reserva previa o que provocou que numerosos lucenses, que se desprazaron ata este edificio situado en Frigsa, quedaran fóra sen poder ver o espectáculo. Mari Teijeiro indicou que “ainda que as funcións sexan gratuítas é preciso ter un cálculo aproximado do número de asistentes para planificar a programación”. A popular explicou que “é incomprensible que só, logo das queixas dos asistentes, se duplicasen as funcións publicitando tan só unha das sesións o 2 de xaneiro a través do servizo de SMS do  010”.

Para a popular a situación vivida no MIHL é unha mostra máis da “deixadez do grupo de goberno socialista que non é capaz de resolver cuestións de carácter básico que supoñan unha mellora sustancial da calidade de servizos”.

A popular explicou que, tendo en conta que o aforo da caixa negra do MIHL é limitado a 150 persoas, non se facilite un instrumento para evitar que os cidadáns perdan o tempo en colas “resulta chamativo que en pleno século XXI, unha institución pública sexa incapaz de poñer en marcha un sistema on line para reserva de entrada co que se evitaría este tipo de situacións”.

Con respecto aos obradoiros infantís de Nadal que se celebraron no vello cárcere Teijeiro explicou que houbo numerosos problemas coas inscripcións. A popular Mari Teijeiro explicou que “se detectaron fallos no sistema de reserva das prazas ofertadas” xa que houbo cativos que, logo de reservar telefónicamente o día e a hora do obradoiro, cando se presentaban no punto de encontro se lles comunicaba que non tiñan praza.

A popular explicou que esta situación “é moi desagradable e para nada contribúe á conciliación familiar” indicando que “non foi un caso illado senon que houbo varios ao longo das diferentes sesións que se celebraron”. Co ánimo de que non se repita este descontrol na adxudicación das prazas dos obradoiros que celebra o Concello en períodos vacacionais o Grupo Popular propón “melloras no sistema de  reserva de prazas”.

Teijeiro propón que “dado que estamos falando dun servizo público e gratuíto se debería dar as mesmas oportunidades a todo o mundo” e, nese senso, avoga por abrir un prazo de preinscripción para que se anoten os interesados e no caso de que haxa máis solicitudes que prazas facer un sorteo. Ademáis Teijeiro reclama que se entregue un resgardo que garanta a praza asegurada que podería facerse mediante comunicación SMS.   Os populares presentarán un rogo para que se implante este sistema de acceso aos obradoiros gratuítos infantís que se oferten no Concello  puntualizando “xa se usa para os cursos da piscina municipal así como para os que se imparten nos obradoiros do edificio de Novas Tecnoloxías.

Responder

2 − one =

Facebook Like Box