Medio Ambiente

O PP critica pagos sen contrato a Urbaser por 3M€

By 20 Setembro, 2017Sin comentarios

A concelleira popular Ana López Pombo urxe ao goberno local para que “defina o modelo de xestión de recollida de lixo limpeza viaria para evitar o despilfarro que supón seguir pagando, con reparos de legalidade, por un servizo que se presta cun  contrato caducado dende o pasado 31 de marzo”

A concelleira popular Ana López Pombo critica “que o  goberno local continue aplazando a decisión sobre cal será o modelo de xestión da recollida de lixo e a limpeza viaria”. A edil popular recrimina que, mentres determinan o futuro deste servizo, os lucenses seguimos  pagando con reparos de legalidade dende que caducou o contrato, o pasado 31 de marzo , preto de 3 millóns euros.

A edil do PP quere que os socialistas incorporen algúns aspectos para que no prego de condicións, que se está a elaborar, se teñan en conta varios aspectos que a criterio do Grupo Popular son prioritarios para “que teñamos unha prestación de primeira”. Ana López Pombo explicou que para mellorar a limpeza en Lugo é necesario contar con persoal suficiente para desenvolver este traballo e, nese senso, os populares solicitan un reforzo aos 130 traballadores que hai, na actualidade.

A popular tamén fixo fincapé na necesaria renovación da flota xa que moitas das unidades teñen máis dunha década de uso e están obsoletos ou  presentan numerosas deficiencias (numerosos colectores están sen tapa,  non abren nin pechan ben). Tendo en conta que as reparacións teñen un custes de entre 150 a 300 € é o momento de cambiar estes recipientes.

Os populares tamén solicitan que se aumente o número de contenedores a repoñer por parte da empresa. Arestora a concesionaria tan só ten a obriga de substituir, de balde, 12 recipientes de carga lateral ao ano e 60 de carga trasera. Esta cantidade é insufiente dado que se estima que cada semana se quema un contenedor na cidade. Outro aspecto que hai que mellorar é o da limpieza dos colectores “hai que facer unha limpeza máis profunda tanto por dentro como por fóra, xa que hai problemas de malos cheiros e mala imaxen en xeral”.

Para o rural, a popular suxire “que se incorporen colectores con maior capacidade e que se adapten á frecuencia de recollida que hai nas parroquias” así como tamén estudar novas ubicacións en zonas onde non existen.

Outras cuestións que a popular introduce no debate para o futuro modelo de xestión do servizo da limpeza son: desvincular a limpeza de sumidoiros e imbornales deste servizo vinculalo ao da EDAR; a concelleira do PP insistiu en que tamén “se debería intensificar o sistema con auga de presión semellante ao casco histórico en todos os barrios empezando polas rúas  con gran densidade de poboación ou naquelas nas que haxa un importante número de establecementos hostaleiros e comerciais” e tamén apostou por definir a recollida selectiva e como se vai a xestionar o seu tratamento.

Punto limpo.-

A concelleira popular puxo como exemplo “do desbaraxuste que hai no servizo a situación de desprotección que hai no punto limpo do Ceao”. Nestas instalacións municipais todos os días se producen roubos do material que depositan os lucenses xa que “dende hai un ano hai un butrón no peche perimetral e, recentemente, a pechadura da porta principal está reventada”. A popular insistiu en cuestionar o horario do punto limpo que antes funcionaba de forma ininterrumpida e, arestora, pecha ao mediodía porque só hai un traballador malia que no contrato de Urbaser se especifica que debería haber persoal en xornada continua.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies