O PP consegue que o pleno inste ao goberno local, por unanimidade, a construir un novo canil en Lugo

By 30 Novembro, 2017Infraestruturas, Proposición
Ana López Pombo pleno novembro

O Grupo Municipal do Partido Popular consegue a unanimidade da corporación municipal para que o goberno local cree un novo canil na cidade e mellorar o mantemento e hixiene dos xa existentes.

Os caniles realizan unha función de gran importancia porque logran unha harmonía e a boa convivencia nos espazos verdes, diminúen a contaminación producida polas heces dos cans e fomentan o paseo de mascotas especialmente coa  instalación de xogos e obstáculos de adestramento, xa que o mobiliario incentiva aos donos das mascotas para utilizar o canil.

Na actualidade a cidade de Lugo conta con tres caniles que están situados en Fingoi, Carril das Estantigas e Frigsa que dan servizo aos máis de 15.200 cans identificados, os cales se atopan en mal estado de conservación, sendo necesario levar a cabo labores de mantemento, especialmente en canto á drenaxe porque coa chegada das choivas pódense inundar. Estes caniles na actualidade quedáronse pequenos polo que é preciso a creación dun novo, o cal se podería situar nalgún dos numerosos espazos verdes existentes como por exemplo nas costas do Parque Rosalía de Castro ou no Paseo do río Miño

Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE instar o Goberno Local a:

 

  1. Mellorar o mantemento dos caniles para evitar que na época de choivas se converta nunha lameira, e se instalen equipamentos axeitados para os cans.
  2. Crear un novo canil nalgunha das zonas verdes existentes na nosa cidade como pode ser no Parque Rosalía de Castro ou no Paseo do río Miño.

Responder

16 − three =

Facebook Like Box