O PP certifica o caos de aparcamento ao que os socialistas condenaron a Lugo

By 6 Marzo, 2018 Transporte urbano, Zona ORA

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide percorreu as rúas do centro da cidade (contorna do Parque Rosalía de Castro, Ronda da Muralla…), Avenida de Fontiñas e o barrio da Milagrosa durante case dúas horas, nas que só atopou dúas prazas para estacionar o seu vehículo, certificando así o problema que sofren a diario miles de lucenses que ven como é “misión imposible” achegarse a determinadas zona de Lugo no seu coche particular para realizar xestións

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, afirma que o seu grupo vén de constatar “o caos” que se vive na cidade para aparcar, tres anos despois de que Lara Méndez decidise suprimir a zona ORA. O popular percorreu durante case dúas horas (entre as 11 e as 13 horas da mañá do mércores 28 de febreiro) as rúas do centro da cidade, a Avenida de Fontiñas e o barrio da Milagrosa, tres zonas nas que so atopou dúas prazas para aparcar o seu vehículo. Precisamente, un día no que Lugo se atopaban cuberto pola neve e no que a densidade de tráfico era menor da habitual e nun intre no que non era hora punta.

Antonio Ameijide certifica os problemas de mobilidade existentes en Lugo e que a diario sofren miles de lucenses dentro da campaña #LugoaExame, que os populares puxeron en marcha para chequear o estado da cidade e as graves deficiencias presentas no municipio.

Para o voceiro popular Lara Méndez e o seu equipo de goberno “condenaron” a todos os lucenses a vivir esta situación como consecuencia de tomar decisións por “impulsos momentáneos” e non recapaticar as consecuencias dos seus actos. Ameijide recorda que a rexedora anunciou a supresión hai dous anos e medio e, naquel momento, asegurara que en oito meses Lugo tería un novo sistema de rotación de vehículos. “A realidade amosa que Lara Méndez non ten ningún plan en materia de mobilidade. O que fixo foi condenar aos lucenses ao caos circulatorio e por mor dos seus actos está a causar danos irreparables aos comerciantes do centro da cidade e doutras zonas nas que estacionar os coches é misión imposible”, asegurou o popular.

Antonio Ameijide explicou que hai diferentes posibilidades para mellorar o tráfico no centro da cidade, como a proposta do Grupo Popular de apostar por un sistema gratuíto para a rotación de vehículos. O popular recorda ademais que Lara Méndez anunciou en marzo de 2017 a creación de 600 prazas de estacionamento en 7 aparcadoiros disuasorios, pero que aínda non se materializaron o que demostra, unha vez máis, que a alcaldesa “só lle interesa a foto” porque dende que anunciou os aparcadoiros disuasorios “nada máis se soubo”, o que evidencia que a rexedora é absolutamente incapaz de cumprir o que anuncia.

Antonio Ameijide lamentou tamén que a alcaldesa siga sen realizar a reordenación do transporte urbano en Lugo, unha medida que axudaría a paliar “en gran medida” os problemas de mobilidade que sofren os lucenses. Neste senso, o popular asegura que se de verdade os socialistas se preocupasen polos cidadáns “buscarían o consenso” con todos os grupos municipais para acadar un transporte urbano “para todos”. O popular recorda que o Grupo Popular “sempre estamos dispostos” para sentarnos a falar de medidas que axuden “a mellorar a vida dos lucenses” por iso seguen enriba da mesa as propostas que os populares xa anunciaron en varias ocasións: a gratuidade dos autobuses para pensionistas, xubilados e familias con escasos recursos, transbordos gratuítos, percorridos máis curtos que permitan mellorar as frecuencias de paso e cubrir máis superficie, puntos de confluencias de liñas para facilitar os transbordos, tarifas plans e bonos, e a incorporación das novas tecnoloxías, como a creación dunha APP para móbiles, a recuperación dos paneis informativos ou a instalación de rede inalámbrica WIFI, para facilitar o coñecemento das rutas e horarios das diferentes rutas.

O voceiro popular tamén lamentou outras medidas anunciadas por Lara Méndez e que os cidadáns “seguimos agardando”. Ameijide recordou que non se ampliaron as prazas dos aparcadoiros soterrados, non se mellorou a seguridade en ningún dos cruces perigosos da cidade e nin se acordou de poñer en marcha o plan específico de tráfico para o casco histórico. A maioría destas medidas aprobadas en pleno a iniciativa do Partido Popular, pero que a alcaldesa non quere cumprir.

Responder

19 − 18 =