PersoalTransparencia

O PP censura que Méndez intente arranxar o desmantelamento dos servicios municipais a golpe de talonario pagando horas extra

By 25 Setembro, 2018Sin comentarios

O voceiro do PP Antonio Ameijide acusa á alcaldesa de impoñer “unha modificación express do regulamento interno de persoal para aprobar as horas extra ilimitadas” e anuncia que a  proposta do seu grupo será “que se suba o límite de 70 a 80 horas para equiparalo ao persoal laboral”

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide criticou que a alcaldesa de Lugo rexeitase hoxe deixar sobre a mesa, tal e como lle pediron os grupos da oposición en bloque, a modificación do regulamento interno de persoal cualificando a actitude de Méndez “de soberbia e intolerante”.

Antonio Ameijide explicou que “a alcaldesa en minoría” elevará ao pleno do xoves este regulamento a pesar dos votos en contra de toda a oposición na comisión de persoal que se celebrou hoxe. “Ofrecémoslle tres posibilidades diferentes para consensuar esta modificación express: a primeira é a de deixar máis plazo de tempo para analizar o documento e presentar emendas, xa que tan só se lles deu unha marxe de 24 horas; a segunda alternativa era a votación independente por puntos e, como terceira opción, convocar un pleno extraordinario para votar esta modificación do regulamento”. Estas tres alternativas foron rexeitadas tanto en comisión como en xunta de voceiros pola alcaldesa.

O popular avanzou que o seu Grupo está en contra de permitir, tal e como plantexa a alcaldesa de Lugo, que os funcionarios  fagan horas extra ilimitadas. Con esta manobra Lara Méndez “intenta tapar o desmantelamento que sufriron os servizos municipais tras 20 anos de goberno socialista e que se ve agravado coas ofertas de emprego público que o goberno local non convoca dende hai tres anos. Estamos agardando pola execución da OPE de 2015, e pola OPE de 2016, e a de 2017”. Ameijide engadiu que ademáis de non executar as ofertas de emprego público tampouco son capaces de establecer o prometido control horario”.

A crítica dos populares aválase con varios informes técnicos como o da asesoría xurídica e de persoal no que se indica que a utilización ilimitada das horas extraordinarias poden encubrir incrementos retributivos indirectos, desincentivar a productividade na xornada ordinaria de traballo e podería ser un síntoma dunha patología na organización dos servizos agochado deficiencias organizativas que deben ser abordadas dende perspectivas máis xerais (plans de emprego, RPT)”.

Ameijide resumiu que “á alcaldesa está desesperada polo caos que xeraron no cadro de persoal como consecuencia da falta de xestión. Estamos ante unha proba manifesta de que a política de persoal falla e, por iso, recae unha sobrecarga de traballo nos funcionarios”.

Independemente da manobra política que protagoniza a alcaldesa da modificación express do regulamento interno de persoal o popular xa avanza que “é de recibo que se paguen as horas extra que fixeron os funcionarios”. O PP aclara que a modificación do regulamento de persoal non impide o pagamento de horas extra xa realizadas e tramitadas e que a alcaldesa non quixo levalas ao pleno do xoves.

O límite legal de horas extraordinarias que pode realizar un funcionario no Concello de Lugo nun ano é de 70, unha cifra que segundo un informe do interventor do Concello xa se superou nalgún caso. Antonio Ameijide explicou que o seu Grupo proporá que se suba o límite a 80 horas para equiparar ás que pode realizar o personal laboral.

“O único que fixeron, os de Lara Méndez, nestes tres anos en materia de persoal, é nomear un director de Recursos Humanos que lle custa aos lucenses case 70.000 euros cada ano” e que a única solución que planteou é pagar máis horas extra.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies