Transparencia

O PP asegura que Lara Méndez quere “tapar a boca” á oposición para esconder as súas vergoñas políticas

By 18 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide confirmou que “estamos ante o segundo intento dunha alcaldesa reprobada e imputada” de silenciar a toda a oposición do Concello de Lugo e, curiosamente, “onte chegou a un punto ao que ningunha persoa que crea na democracia debería chegar” xa que realizou de novo un acto deste tipo dende fora de Lugo e “agardamos que nesta ocasión non volva usar a escusa de que non sabía nada”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, amosou hoxe o seu enfado ante o que cualificou como “un intento” de Lara Méndez por “tapar a boca” a toda a oposición co único fin de esconder “as súas vergoñas políticas”. Así o asegurou o voceiro popular en rolda de prensa, despois de recibir onte por correo electrónico un documento no que se impide realizar aos concelleiros da corporación a súa labor de oposición.

Para Antonio Ameijide este tipo de actos “son inadmisibles” sobre todo tendo en conta que proceden da alcaldesa de Lugo, unha persoa que se supón, tería que defender a democracia. E, curiosamente, estamos ante o segundo intento de Lara Méndez por silenciar a toda a oposición dende fora de Lugo, polo que “agardamos que nesta ocasión non volva usar a escusa de que non sabía nada”. O popular tamén confirmou que por iso mesmo a rexedora “terá que dar as explicacións oportunas” porque nesta acción “só existe mala fe e non se pode alegar descoñecemento”.

Neste eido, o popular anunciou que dende o Grupo Popular se pedirá ao secretario municipal un informe xurídico sobre o documento, que se enviou a través dun correo electrónico remitido dende un dos órganos de alcaldía, xa que asinar este documento na práctica sería como asinar “a nosa renuncia” a exercer de oposición ou “asinar a dimisión”. Tamén se pedirá o informe para coñecer as competencias dos altos cargos deste Concello, para saber “se hai alguén que se está a extralimitar nas súas funcións”. Incluso, Ameijide non descarta a posibilidade de pedir o amparo do Valedor do Pobo ante este ataque “á liberdade política e a transparencia”.

Segundo o popular, “o que está claro é que desde o Partido Popular non renunciaremos a denunciar as tropelías” que se detecten na xestión diaria deste Concello, unha situación á que se chegou despois de que os “títeres” da esquerda entregaran un novo cheque en branco a Lara Méndez ao non apoiar unha moción de censura, polo que agora a rexedora “síntese reforzada” para realizar este tipo de manobras censoras.

Incluso, Antonio Ameijide preguntará a Lara Méndez se os concelleiros do equipo de goberno terán que asinar o mesmo documento que se remitiu a todos os concelleiros da oposición porque, de ser así, “nin os propios concelleiros do equipo de goberno poderán anunciar en rolda de prensa as accións que pretendan desenvolver dende as diferentes áreas de goberno”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies