O PP arranca unha campaña informativa para que afectados polo cobro indebido de plusvalías recuperen os seus cartos

By 10 Novembro, 2017Economía
Antonio Ameijide

O Partido Popular ante, a falta de iniciativa do goberno local á hora de poñer en marcha mecanismos para informar e proceder á devolución das plusvalías cobradas indebidamente polo Concello, anunciou que “porá a disposición dos afectados un impreso  para que podan efectuar a reclamación pertinente e conseguir o reintegro do que se lles cobrou de xeito irregular”.

Ameijide indicou que “lamentablemente os socialistas de Lugo non están a axudar aos veciños que tiveron que facer fronte a este imposto a pesar de que o inmoble que venderon perdeu valor e, polo tanto, non correspondería tributar por este concepto tal e como se recoñece en varias sentenzas ditadas polo Tribunal Constitucional. A última foi do pasado 11 de maio e nela se recoñece a insconstitucionalidade desta práctica e a posibilidade de reclamar aos concellos o cobrado indebidamente”.

En Lugo, no que levamos de ano,  se presentaron 41 reclamaciones solicitando a devolución de plusvalías catro delas resolvéronse e outras 37 están pendentes.

Os populares explican que “se debe actuar con urxencia posto que o dereito a percibir a plusvalía cobrada indebidamente prescribe aos catro anos. Transcorrido este prazo dende que se ingresou o diñeiro pola venda , o dereito quedaría estinguido”, matizou o voceiro popular.

Para o voceiro popular resulta prioritario tratar esta problemática porque moitos  destes casos corresponden a propietarios de pisos comprados na época de prezos altos, e que se venderon cando o mercado inmobiliario experimentou unha forte baixada. En boa parte dos casos, falamos de persoas que adquiriron propiedades como poden ser as súas propias vivendas e pagaron un imposto que non lles correspondía”, reflexionou Ameijide insistindo en que “non pode esixirse ao vendedor dun inmoble o pago dun imposto que grava un incremento do valor que, en realidade, non se produciu”.

O Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (IIVTNU) é un gravame potestativo das administracións locais e no caso de Lugo supón un dos ingresos máis importantes para as arcas municipais que ven rondando os 2 millóns de euros anuais. Ameijide explicou que nas liquidacións de declaracións de plusvalías no período de 2014, 2015 e 2016 figuran como dereito recoñecido neto 6.449.476,74 € polo que facendo unha previsión para este 2017 poderíamos estar falando dunha cantidade de  9M€ en concepto de plusvalías dos catro anos nos que non prescribiría o dereito de devolución.

Malia que o PSOE non ten vontade de solucionar esta problemática dende o PP nos brindamos a axudar aos afectados “só teñen que achegarse á oficina municipal da Casa do Concello onde lles prestaremos toda a axuda que precisen” lamentando que o goberno local non asesorase aos afectados para recuperar o cobrado indebidamente.

Responder

sixteen − five =