EconomíaInfraestruturas

O PP aplaude que despois de 20 anos o PSOE recoñeza que a solución para as vivendas da Croa era a proposta plantexada polos populares

By 17 Agosto, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide cualificou como unha boa nova a decisión de Lara Méndez de dar a razón ao Grupo Popular ao validar a proposta consensuada con técnicos municipais e presentada o pasado 20 de xuño para desbloquear o problema das vivendas da Croa

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, aplaude a decisión de Lara Méndez de adoptar a decisión aportada polos populares para desbloquear a situación que viven os veciños da Croa.

Antonio Ameijide amosou a súa satisfacción despois de que Lara Méndez aceptase convocar a xunta extraordinaria de voceiros solicitada polo Grupo Popular, aínda que sexa con dous meses de atraso, para adoptar unha solución para os veciños da Croa, e que os populares puxeron enriba da mesa o pasado 20 de xuño despois de estudala con diferentes técnicos municipais.

Na xunta de voceiro de hoxe, Lara Méndez aceptou a folla de ruta plantexada polo Partido Popular, o que é “unha boa noticia para os veciños da Croa e para a cidade” xa que se “desbloquea” un problema enquistado durante case 20 anos de gobernos socialistas.

Por iso, os populares se desprazaron esta mesma mañá ata o barrio da Croa para cumprir co compromiso adquirido cos veciños de mantelos ao tanto de todos os avances que se están a dar para a entrega das escrituras aos propietarios das vivendas.

A demora de Lara Méndez e do PSOE en abordar este problema incluso obrigou aos veciños a recadar sinaturas e rexistralas no Concello para amosarlle á alcaldesa a necesidade de desbloquear a situación que viven xa que ao non dispoñer do título de propiedade dos inmobles, non poden hipotecar ditas vivendas, avalar préstamos, e incluso, atopan moitas dificultades á hora de facer o testamento ante notario. Outra cuestión que lles afecta ten que ver coa alta no servizo de abastecemento de auga o que lles obriga a pagar en dous recibos o consumo, o que supón un custe extra porque acumulan os gastos en dous pagos.

Antonio Ameijide recorda que os diferentes gobernos socialistas de Lugo levan case 20 anos evitando entregar ás 15 familias das vivendas da Croa os títulos de propiedade das súas casas. O voceiro popular asegura que “é indignante” que os veciños leven tantos anos agardando a que se resolva un problema que o goberno local pode solventar en tres meses e que “esperamos” que se resolva agora definitivamente.

O popular recordou que a solución plantexada pasa porque o equipo de goberno encargue, ben aos técnicos municipais, a Evislusa ou a unha asistencia técnica, un proxecto de parcelación da zona onde se atopan as vivendas da Croa e logo, unha vez aprobado no Concello, inscribir as parcelas no rexistro da propiedade e no catastro para, posteriormente, entregarlle as escrituras aos lexítimos propietarios das vivendas. “O único que fai falta é vontade política”, afirmou o voceiro popular.

Antonio Ameijide lembrou como os veciños das quince vivendas unifamiliares levan agardando polas escrituras dende que en febreiro do ano 2000 lles entregaron os inmobles. Era unha das primeiras encomendas que o alcalde do Partido Popular, Joaquín García Díez, deixou pendente en 1999. Os populares lembran que a construción destas vivendas sociais foi aprobada na Xunta de Goberno Local do 17 de decembro de 1997, cun prazo de execución de nove meses e por un importe total de 103.530.141 pesetas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies