O PP alerta de socavóns e desperfectos en vías públicas por fugas e pide ao goberno axilidade nas reparacións

O voceiro popular Antonio Ameijide pide explicacións en comisión aos socialistas “do retraso no arranxo dun burato de grandes dimensións que hai na rotonda de acceso á ponte blanca e á estrada de Portomarín e que leva xa máis de dous meses provocando situacións de risco para os conductores”

O Partido Popular pide explicacións en comisión dos motivos polos que o goberno local non  arranxou o socavón que hai na rotonda que da acceso ao ponte blanco e a estrada de Portomarín e que leva dous meses dificultando a circulación. O voceiro popular Antonio Ameijide explicou que a orixe deste bache é unha fuga de auga que o Concello “inexplicablemente se nega a arranxar”.

O popular explicou que a iluminación que sinaliza o boquete está rota e que as vallas aparecen en medio da calzada porque os vehículos apenas teñen espazo para pasar. Ameijide pregúntase cales son os motivos polos que o Concello non solicitou a autorización á Xunta para reparar este socavón e cando ten previsto acometer o arranxo.

O Partido Popular tamén alertou dos riscos que supoñen para os conductores os blandóns que hai na Avenida Duquesa de Lugo destacando “o risco que supón o afundimento do pavimento, á altura da intersección coa rúa  Monte Faro onde, por falta de mantemento desmoronouse un tramo da calzada e apareceu un burato de varios centímetros de profundidade”.

Os populares xa denunciaron a existencia dese blandón no pasado mes de abril pero “os socialistas desoiron a nosa petición e, tres meses despois, a situación empeorou e o pavimento desfíxose ata tal extremo que hai un socavón de grandes dimensións que sitúa este cruce como punto perigoso para a circulación”.

Nesta mesma vía hai outro blandón que  os conductores esquivan porque xa provocou un afundimento en medio desta avenida e que tamén está a complicar a circulación rodada.

O voceiro popular tamén explicou outro caso relacionado con desperfectos en vías públicas por mor de fugas de auga recurrindo aos veciños do barrio de Castelo que levan xa máis dun mes pedíndolle ao Concello que repare unha fuga de auga que hai nun dos accesos ao núcleo”. Ameijide explica que “se non se arranxa a rotura da tubería da auga da traída que hai neste punto se provocará un importante deterioro da vía aparte da pérdida de centos de litros de auga”.

Os populares insisten en que o desmantelamento, por parte do goberno socialista, do servizo de augas está ralentizando as reparacións das fugas matizando que “a situación que describimos con estes tres exemplos evidencia os graves resultados da nefasta política de persoal e a absoluta falta de mantemento as que repercute na seguridade de conductores e peóns”.

Responder

19 + 11 =