O PP afirma que a negativa do PSOE a investigar o uso fraudulento de camións de lixo podería condenar aos lucenses a pagar 734.126,23 €

By 7 Febreiro, 2018Transparencia, Urbaser
Antonio Ameijide Urbaser

O popular Antonio Ameijide desvela que nunha sentenza do contencioso administrativo nº1 de marzo de 2017, na que Urbaser reclama o pago da mensualidade de agosto de 2008,  se castiga aos veciños a abonar o total da factura, os intereses acumulados e as costas do proceso, criticando  “que a inacción do PSOE, que rechazó abrir un expediente sancionador á concesionaria pola infracción moi grave cometida con vehículos municipais, nos pasa factura dez anos despois aos lucenses”

O Partido Popular afirma que “a permisividade dos sucesivos gobernos socialistas con determinadas empresas concesionarias está custando miles de euros aos lucenses”. O voceiro do PP Antonio Ameijide desvelaba hoxe o contido dunha  sentenza de marzo de 2017 que deixa en evidencia os problemas e a mala xestión dos socialistas de Lugo e polo que se condena aos lucenses a pagar 734.126,23 € a conta dunha factura que non se abonou en agosto de 2008 porque a frenou un informe do enxeñeiro municipal no que demostraba, con acta notarial, o uso indebido dos vehículos do servizo de recollida de lixo noutros concellos da provincia como o de Ribadeo.

O popular explicou que segundo se especifica no informe do enxeñeiro de Medio Ambiente “destinar a fines u objetos ajenos al servicio público concedido, los materiales, vehículos y maquinaria adcritos al mismo” fóra do ámbito de actuación do contrato é unha infracción moi grave e precisamente, neste informe o funcionario responsable do contrato,  apunta que se debería inicia-la tramitación do correspondente expediente sancionador.

Ameijide explicou que este técnico propuxo, no seu día,  a implantación de GPS nos vehículos e “foi, grazas a este sistema, como detectou as anomalías en determinados vehículos”. Dacordo co seu informe se comprobou o 4 e o 5 de agosto de 2008 “in situ”, e  demostrou con imaxes gráficas e acta notarial que estaban lavando colectores e recollendo lixo no termo municipal de Ribadeo con vehículos de uso exclusivo do servizo de recollida de lixo.

O voceiro popular criticou a actitude de “indiferencia e favoristimo dos socialistas, que miraron cara a outro lado pese ás recomendacións do funcionario evitando impoñer multas á firma pola utilización de medios municipais de forma fraudulenta” afirmando  que “resulta sospeitosa a excesiva tolerancia con certas empresas que prestan servizo no Concello de Lugo”. “Por mor da indiferencia dos socialistas, dez anos despois, os lucenses poderíamos ter que pagar un 51% máis pola factura do mes de agosto xa que habería que sumar intereses atrasados aos 485.667,44€ iniciais. Esta é outra das múltiples herencias envelenadas que os gobernos socialistas deixan a Lugo empezando polo Garañón, a fábrica da luz …

Ameijide lembrou que o contrato da recollida de lixo  é un dos máis custosos que ten o Concello de Lugo explicando que dende marzo de 2017 se paga con reparos de legalidade e que ascende a 3.461.126,90 €. Dende o equipo de goberno non adoptaron ningunha decisión, nin deron pasos para sacar a licitación de novo este servizo. Prefiren seguir pagando empresas sen contrato con cartos de todos os lucenses, concluiu Ameijide.

Responder

5 + eighteen =

Facebook Like Box