O PP afirma que con Lara Méndez, en 2017, se dispararon a 657 os contratos menores elevando o gasto a 3.5M€

By 9 Xaneiro, 2018Economía
Ameijide

O voceiro popular Antonio Ameijide considera unha “esaxeración” que o goberno socialista de Lugo despache cada mes “unha media de 291.901€ en 55 contratos menores” censurando “o uso abusivo desta fórmula xa que ao non sair en oferta pública limita a participación de firmas e autónomos lucenses”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular  alerta do abuso, por parte do goberno socialista, da fórmula de adxudicar servizos a través de contratos menores. Antonio Ameijide desvelou que en 2017 “Lugo gastou 3.503.817,38 euros en un total de 657 contratos de menores de ata 18.000 euros, en suministros e servizos, e  50.000 euros, en obras”. Para os populares “está fóra de lugar o uso continuado deste sistema” matizando que dende a chegada á alcaldía de Lara Méndez se disparou esta práctica”.

O popular lembrou que” para estas adxudicacións o Concello non ten que convocar concurso público o que limita a participación só ás empresas que invita o equipo de goberno e supón un modelo arbitrario, ópaco e pechado”.

Antonio Ameijide detallou o tipo de contratos menores máis frecuentes e o importe total que se destina a cada capítulo destacando, por orden de gasto, as adxudicacións en actuacións, suministros, asistencias técnicas, obras, Novas Tecnoloxías, Servizos e para necesidades de asociacións.

O voceiro popular cuantifica por mes o gasto realizado no Concello de Lugo con este tipo de adxudicacións.

A vista destes datos o Grupo Popular anunciou que presentará unha iniciativa para  crear un sistema aberto de adquisición para contratos menores que dé publicidade de toda contratación que se oferte dende o Concello para que toda empresa lucenses que queira acceder e presentarse a estes procedementos teña a oportunidade de facelo.

O popular indicou que o que solicitia o seu Grupo é crear unha aplicación web e outra móvil que permitirá darse de alta aos usuarios que queiran contratar coa administración pública e elixir a categoría na que queren enmarcarse.

Para os populares este método de traballo incrementará o alcance dos proveedores que poden acceder a este tipo de licitacións e garantirá a transparencia do procedemento xa que abrirá a contratación menor a todo tipo de empresas. “As empresas e autónomos lucenses que se  rexistren neste sistema recibirán unha notificación de cada novo contrato menor do seu ámbito de traballo, dese xeito poderán presentar unha oferta e o Concello, despois, tomaría a decisión de adxudicar estes contratos menores segundo as propostas presentadas”.

O voceiro do PP  insistiu en que “este sistema suporá unha mellora na transparencia e na participación así como un aforro económico para os luceses ao incrementar a competitividade”. Ameijide reiterou a necesidade de crear unha aplicación web para contratos menores municipais co ánimo de que “toda a empresa e autónomo de Lugo que queira traballar para o Concello que teña oportunidade para facelo”. Esta proposta enmárcase dentro do Sistema de Xestión de Calidade Total que se aprobou a iniciativa do Partido Popular no pleno do mes de decembro.

 

Responder

five × four =