O PP afirma que “hoxe temos claro” que Lara Méndez non será quen tire o Garañón

By 16 Febreiro, 2018 O Garañón, Urbanismo

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide denuncia que a actitude de Lara Méndez é de “agocharse e agardar” a que outras administracións “veñan a solucionarlle” os problemas que “ela e o seu partido” xeraron na cidade co Garañón, unha actitude da alcaldesa que podería supoñer “responsabilidades” por non acatar a sentenza do TSXG

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, asegurou hoxe que “temos máis claro que nunca” que Lara Méndez “non será a alcaldesa que tire o Garañón” pese a que a propia rexedora anunciou hai dúas semanas a súa intención de ser a alcaldesa que derrubara as torres das costas do parque Rosalía de Castro.

Antonio Ameijide denunciou que Lara Méndez demostrou na comisión desta mañá que “non ten interese” por cumprir a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que data do 2 de marzo de 2017, xa que o único que fai a alcaldesa é “escudarse en outras administracións para non tomar decisións que lle competen exclusivamente a ela”, con dous obxectivos claros: por unha parte que outras administracións “veñan a solucionarlle” os problemas que “ela e o seu partido” xeraron na cidade co Garañón e, por outra banda, perpetuar a herdanza do seu padriño político na cidade.

O voceiro popular denunciou o “constante obstrucción” que realizan os socialistas á oposición, en todo o que rodeou o Garañón, xa que na comisión desta mañá Lara Méndez e o seu equipo non foron capaces de facilitar nin de explicar os informes que realizaron dende os servizos de enxeñería, urbanismo e asesoría xurídica. Por iso, o popular anunciou que pedirá “acceso e copia” destes informes para poder “estudar” o seu contido e así avaliar polo miúdo as valoracións realizadas polos técnicos municipais. Uns informes que “se pediron” en setembro de 2017, sete meses despois de recibir a sentenza do TSXG, o que demostra “a falta de vontade por acatar a sentenza do alto tribunal galego”.

O popular tamén fixo público que os socialistas non deixaron claro se o seu obxectivo é derrubar por completo as torres do Garañón ou, pola contra, conservar algunha parte do edificio, algo que os socialistas dixeron “depende de Patrimonio” pese a que acatar a sentenza compete exclusivamente ao Concello de Lugo.

Antonio Ameijide afirmou ante “a pasividade socialista xa pedimos” a convocatoria “inmediata” da comisión de seguimento do Garañón, creada a petición do Grupo Popular, porque “os populares temos claro que hai que acatar inmediatamente a sentenza e derrubar as torres”.

Responder

1 × 4 =