O PP afirma que “a corrección de Piñeiro fillo a Piñeiro pai” no uso de adoquíns na Ronda da Muralla reflicten o fracaso dos proxectos do PSOE de Lugo

By 8 Febreiro, 2018Urbanismo
Adoquín Muralla

O concelleiro popular Ángel Trabada  lamenta que Lugo pague, 15 anos despois, as consecuencias das malas decisións adoptadas por gobernos socialistas malia as advertencias do Partido Popular, que no ano 2003, xa amosaba a súa máis absoluta oposición por usar adoquín na beirrúa da Ronda

O Partido Popular afirma que a retirada dos adoquíns na beirrúa da Ronda da Muralla confirma ás reiteradas peticións que fixo o Grupo Municipal cando no ano 2003 se executou esta obra. O concelleiro popular Ángel Trabada lembra como o PP “opúxose dende o primeiro momento ao uso deste material por motivos de mobilidade”. De feito esta beirrúa, na actualidade, “apenas é utilizada polos veciños” puntualizaba o edil que, aproveitaba o anuncio do cambio do material,  para desprestixiar a política sen criterio dos socialistas lucenses co agravante de que a modificación do adoquín a levará a cabo o fillo do concelleiro que se empeñou en colocalo. “A correción de Piñeiro fillo a Piñeiro pai é o vivo exemplo do fracaso dos proxectos e do despropósito da política do PSOE de Lugo” insistindo en que cos socialistas no goberno “todo é posible”.

Os populares lamentan que a alcaldesa de Lugo “en vez de escarmentar continúen utilizando este material en proxectos de pavimentación” lembrándolle como hai un ano inauguraba outra polémica intervención en  Soto Freire que o PP criticou por “utilizar adoquín en máis do 90% do espazo”. Os populares indicaron que “malia que se acondicionou un tramo de ruta accesible non ten ningún sentido que no resto da zona, se teñen previsto que sexa para uso peonil, se emprege o adoquín, intransitable para persoas con mobilidade reducida”. “É probable que nuns anos asistamos a outro episodio similar co que vivimos hoxe coa retirada e substitución dos adoquines da Ronda da Muralla” reflexionou o concelleiro popular.

Os populares explican que o seu Grupo que non é contrario ao emprego do adoquín pero para evitar cambios no futuro, por problemas de accesibilidade suxiren que se planifique a súa colocación. Co ánimo de a evitar que se repitan casos similares dende o Partido Popular se reclamou en diferentes ocasións a necesidade de consensuar o tipo de materiais que se utilicen dependendo das zonas onde se fagan as actuacións. Hai varias iniciativas encamiñadas a evitar que “sexa o concelleiro de turno o que elixa o material para as intervencións que se fan no municipio”  entre elas figura a creación dun catálogo de mobiliario urbano e materiais para actuacións en espazos públicos (zonas verdes, rúas) coa que se evitaría os continuos parches aos que os socialistas nos teñen acostumados.

Responder

four + 16 =