EconomíaTransparencia

O PP acusa a Méndez de seguir na súa estela de “morosidade” ao pechar abril con 9.003 facturas sen pagar por valor de 11.5M€

By 24 Maio, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide lamenta que o Concello de Lugo siga a estar dirixido por un “goberno de morosos” que nin se preocupan “polos autónomos e empresas” de Lugo que subministran materiais ou prestan servizos a este Concello xa que seguen a incumprir, de xeito reiterado, o PMP a provedores, chegando ademais a “empeorar” a situación que había ao remate do ano 2017

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo denuncia de novo a “nefasta xestión económica” dos socialistas á fronte do goberno local ao desvelar que Lara Méndez tiña a 30 de abril 9.003 facturas impagadas por valor de 11.512.125,12€, o que mantén a Lugo entre as cidades que peor pagan de España. Desas máis de 9.000 facturas impagadas, 5.827 incumpren o período medio de pago a provedores que marca a lei, situado nos 30 días. De feito, o PMP destas facturas pendentes está xa 168 días.

O voceiro municipal popular, Antonio Ameijide, asegurou que “é unha verdadeira magoa” que Lara Méndez e o seu equipo sigan “neste camiño” xa que “non se dan conta de que están a xogar co pan de moitas familias”. O popular recorda que Méndez segue a empeorar a situación económica do Concello xa que “é insulto á intelixencia dos lucenses” que presuman de ser bos xestores cando remataron o exercicio contable de 2017 debendo case 12M€ á 8.463 empresas e autónomos e “agora, catro meses despoies, as cifras son peores”, debendo máis de 9.000 facturas.

Antonio Ameijide reitera que “estamos ante un goberno de morosos” que coa súa xestión demostran que “non teñen interese por pagar en tempo e forma” os traballos prestados por empresas e autónomos a este Concello.

Unha afirmación que se apoia no informe da tesoureira municipal no que se asegura que “desde que as facturas son aprobadas polo órgano municipal competente e se realiza a toma de razón na contabilidade municipal ata que a Tesourería realiza o seu pagamento so transcorren tres ou catro días, o que pon de manifesto que NON EXISTE un problema de liquidez nin imposibilidade financeira ningunha para poder afrontar os pagamentos”.

A tesoureira municipal engade que os incumprimentos no período medio de pago “están a reflectir unha deficiente e lenta xestión interna na tramitación administrativa das facturas pero en ningún caso un problema financeiro ou de liquidez para atender en prazo os pagamentos”.

Un informe no que se sentencia que “os incumprimentos non están motivados por unha mala situación económica, nin financeira nin de liquidez”, por tanto se evidencia que “a única explicación posible é un problema de xestión” e queda “patente a nefasta xestión” de Lara Méndez a fronte do Concello, que pon en “nunha situación complicada” aos empresarios e autónomos lucenses.

O voceiro popular tamén destacou que o Concello de Lugo segue a incumprir o período medio de pago a provedores fixado pola lei, xa que no primeiro trimestre de 2018 o período medio de pago foi de 80,78 días. Ameijide asegura que neste tempo pagáronse fóra de prazo 3.349 das 3.914 facturas pagadas (10.014.524,21€), facturas pagadas fóra de prazo por valor de 7.730.819,55€, o que evidencia que só se pagaron en prazo o 14,44% das facturas, unha cifra “totalmente inaceptable”.

Antonio Ameijide destaca que os datos mensuais do PMP seguen a reflectir unha situación “nefasta” que empeorou nos primeiros meses de 2018:

  • Outubro 2017: 83,55 días
  • Novembro 2017: 54,93 días
  • Decembro 2017: 59,84 días
  • Xaneiro 2018: 83,78 días
  • Febreiro 2018: 88,36 días
  • Marzo 2018: 84,85 días

Uns datos que, segundo Antonio Ameijide, evidencian “unha falta total de traballo” por parte do equipo de goberno municipal, que “nin se preocupa” por cumprir os prazos marcados pola lei. Pero “o peor”, segundo o popular, é que Lara Méndez e o seu equipo “non fagan nada” por corrixir esta situación, o que evidencia que sofren “unha miopía política aguda” e, o que pode ser peor, “chegarán a crer as súas propias mentiras” xa que seguen a falar de que o Concello de Lugo ten “unha economía saneada” porque pensan que “se o repiten moitas veces a súas mentiras chegarán a ser verdade”, pero para iso o que fai falta “é moito traballo, algo do que adolecen os socialistas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies